logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788412426922

www.paquebote.com > Todos los libros > Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra «análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942)»

ISBN:

978-84-124269-2-2

Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra «análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942)»

Editorial: Andavira   Fecha de publicación:    Páginas: 704
Precio: 22,00
Añadir a la cesta

Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos.
A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo.
Os obxectivos deste traballo son:
?
Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados
e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista.
?
Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións
no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio.
?
Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise
cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra.
?
Descifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás
veces tenden a confundirse.
?
Constatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi
pormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética.
?
Elaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de
Pontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados.
?
Recoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados,
etc.), e que roldan a trintena.
A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: ?O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar?.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal