www.paquebote.com > BERNARDINO GRAÑA
O novo libro dunha das voces con maior prestixio da poesía galega amosa o equilibrio entre a dicción medida e a inspiración arriscada, entre a tradición e as faíscas da creación. O autor traballa o texto poético tanto nos aspectos da expresión, cun ritmo moi coidado e unha reelaboración constante do legado da tradición literaria, coma no contido. Bernardino Graña ofrécenos un libro arrequentado e orixinal cheo de emocións, paixón e beleza.
En 1974 publicou un fermoso libro de relatos: Fins do mundo, animado por Raimundo Patiño. Eran historietas inspiradas nas súas vivencias da infancia á beira do mar do Morrazo (Nerga, Donón, Tirán, Bío, Cangas, Aldán...), tipos humanos, anécdotas e paisaxes marcadas polo humor e a ternura. Daquela descubrimos un Bernardino Graña singularmente dotado para o relato, coñecedor da tradición oral e fácil comunicador.
Esta nova edición de Fins do mundo, quince anos despois, ofrécelle ó autor a posibilidade de revisar o texto e actualizalo, pero respeta a frescura daquel primeiro día. Engade unha historia nova, que no seu momento quedara no caixón, O estudiante que quixo ser burro (recreación dos seus anos na Universidade de Santiago), e unha carta-prólogo onde explica o devalar do tempo.
Libro de amena lectura que trae arrecendo de mar e o encanto lonxano dos Paraísos Perdidos.
INFANTIL E XUVENIL-GRAN MERLÍN-.