logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: JORGE LLORCA

www.paquebote.com > JORGE LLORCA

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499140018

O' Salto do Can

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica
Precio: 18,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Decote pasan centos de historias polos mármores das tabernas, como pasan as constelacións sobre a cuberta dos barcos, dalgunhas quedan as pegadas, como as que deixa o acedo do viño, outras desaparecen namais pasarlle un pano. Na taberna O´Salto do Can, Ponciano limpa as mesas cada maná, logo bota unha presa de serraduras polo chan, e despois busca no xornal os números da sorte. Bibián o perruqueiro soña con Fred Astaire, o cego Zacarías adiviña as cores, D. Ruperto, de Biscuit Antigüidades, gaba as “delicatessen” do “metre cusinier”, mentres a pantasma da señora de Fontá leva viño branco para guisar as pombas do xardín; Dorita quer se facer puta, o home do traxe gris fala con Poe. Peitoradas, o marqués de Ghataesfolada, Caruso e Fleta, a Serea dos Ollos Grandes, e ata un incerto Robert Taylor entraron un dia pola porta e quedaron para sempre; agora forman parte xa da moblaxe, como o reloxo de parede, o paraugueiro, a pirámide das cuncas, ou a loura do almanaque de Bodegas Prioriño que colga encima da caixa de farias, onde Ponciano garda as necrolóxicas. O ‘ Salto do Can constitúe a sorprendente e emocionante primeira novela de Jorge Llorca, a memoria de todo unha xeración ferrolá escrita nos mármores dunha taberna.



ISBN:

978-84-9914-743-7

O violín de Rembrandt

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Un cadro e un violín porán a proba os principios dun profesor de historia da arte que traballa nos cursos de nocturno do Colexio Academia Atenea, onde don Atilano e Margaret Thatcher, marcan a liña pedagóxica. Mais tamén Violeta, filla dun embaixador arxentino, que avisa a tres días vista cando vai levar un amante ao piso «para gardar o protocolo diplomático»; Vladimir Ilich, Bladimiro Regueira, que marchará á capital do reino para triunfar na farándula; Antón Coira, que cambiou as prácticas de sindicalista, polas de tratante de arte; Alicia, que prepara oposicións para todo; Gertrud, a avogada de Düsseldorf, capaz de dicir «ducha ou jacuzzi?», como quen di té ou café, e coa mesma quitar a roupa e meterse na bañeira; Teresa Moure, daltónica, pero con vista para levar unha galería de arte; Armando Ónega, un dos homes máis ricos do planeta. E logo están don Leoncio, o cura especialista en Bach; Indalecio, o camareiro do Delicias, que pensa que a climatoloxía a ten tomada con el; Marián, que confía no materialismo esotérico…
A xuízo do xurado do Premio Blanco Amor, O violín de Rembrandt é unha novela de lectura fluída, na que «prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local vese neutralizado con personaxes cotiáns».



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal