Editorial: Xerais Fecha de publicación: 11/04/2024 Páginas: 32 Formato: , 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95 €
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo.
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?