9788411104555
Somos un pobo de artistas «O método Luísa Villalta»
Xurxo Souto
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 18/01/2024 Páginas: 248Formato: 23 x 15,5 cm.
O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.