logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Xosé Álvarez Castro

www.paquebote.com > Xosé Álvarez Castro

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411100335

Os anos do silencio «Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 504
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 28,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas. Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.


ISBN:

978-84-9914-535-8

Pontevedra nos anos do medo «Golpe militar e represión (1936-1939)»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 344
Formato: Rústica
Precio: 23,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936.
O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa execución do golpe, e os axentes e mecanismos da represión posterior.
O emprego de fontes documentais inéditas, así como de testemuños orais, contribúe a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenómeno represivo, concedendo especial atención ao achegamento ás historias da vida das vítimas.
O autor da obra, Xosé Álvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigación perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgación, e como dixo a escritora Dulce Chacón, «somos vítimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos».



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal