www.paquebote.com > MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ
«Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino.» Narrador «Benvida, alma, ao comezo dunha nova existencia. Déixate levar pola luz das ilustracións. Nada tes que temer.» Demo Maior Eles non queren que se saiba, pero estás ante unha orixinal homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantástica galega, en perigo de extinción.
Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.