978-84-696-4170-5
ASTERIX. LAS COSTUMBRES EXPLICADAS
MOLIN, BERNARD-PIERRE / GOSCINNY, RENE
Editorial: SALVAT Fecha de publicación: 02/05/2024 Páginas: 160Formato: Cartoné
www.paquebote.com > GOSCINNY
Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxinas deste libro, Ideafix e os seus amigos (cans, gatos e mesmo aves) loitan sen cuartel contra o invasor romano, que trata de romanizar a Lutecia antiga, e establécese así un paralelismo co que ocorre nos famosos álbums creados por Goscinny e Uderzo.
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos. Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, Astérix e Obélix alístanse na lexión para buscar o mozo de Falbalá, unha rapaza gala de quen Obélix namorou.
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración.
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...
Nesta ocasión todos os homes da aldea embarcan con rumbo a Grecia para participar nos Xogos Olímpicos e darlles unha vez máis unha malleira aos romanos. Pero as cousas complicaranse cando descubran que non poden usar a poción máxica para gañar.
Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro! Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!