logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: XERAIS

www.paquebote.com > XERAIS

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104555

Somos un pobo de artistas «O método Luísa Villalta»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 248
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.


ISBN:

9788411104517

Aqueles corpos nosos «Arquivos Malvís #2»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas e, polo camiño, facer fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer aquilo que se quere? Logo do éxito de "Cando sangren os lobos" (I Premio Xuventude Crea de Novela Curta), Adrián Gómez Ramos regresa á escrita con "Aqueles corpos nosos".


ISBN:

9788411103398

Crónicas da cinza

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 344
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A historia dos migrantes galegos que chegaron a América para navegar en barcos, para alimentar caldeiras, para descargar fardos, ou para construir e dirixir sindicatos nos que se agrupaban traballadores portuarios e marítimos, segue a ser unha sorte de dilema historiográfico, agochada, como semella, no seo dunha interpretación heroica ou patriótica da migración americana. Ao cabo, porque o Atlántico non deixa de ser un elemento retórico que aparece en multitude de historias e análises migratorias, pero que, en realidade, é un permanente descoñecido. E iso porque, en realidade, aínda descoñecemos moitos dos elementos vinculados a ese océano, sobre todo un que resulta fundamental: o seu protagonismo na vida das persoas e das sociedades. O que aquí aparece non é outra cousa que a historia dos individuos que o percorreron, que o padeceron e que souberon organizarse a cabalo das súas ondas.


ISBN:

9788411104067

Sete dentes de león

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.


ISBN:

9788411103886

Os mil e un días

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía.


ISBN:

9788411103879

Xa vemos palmeiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, nunha unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha viaxe ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha viaxe singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.


ISBN:

9788411103855

Muriel. Caos no laboratorio lácteo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio. A maxia e a ilusión envólveos por completo e involúcraos nunha misión fermosa e entrañable que, ademais, lles abrirá as portas da sospeita. Serán quen, os dous compañeiros, de desentrañar o misterio que hai tempo os intriga? Non hai elección: sube ao carro de leiteiro e... boa viaxe!


ISBN:

9788411103848

A abelliña que perdeu as ás

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar?
Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.


ISBN:

9788411103824

O corazón dos paxaros

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 25 x 16,2 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles.


ISBN:

9788411103862

O estranxeiro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción.
Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.
A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal