logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: XERAIS

www.paquebote.com > XERAIS

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103770

Que pasa co galego?

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...
O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro.
"Que pasa co galego?" propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.


ISBN:

9788411103831

Ringo. Memorias dun coello fedello

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.



ISBN:

9788411103350

A fotógrafa Perpetua

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 21,5 x 26,4 cm.
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Perpetua sempre o tivo claro: ela ía ser fotógrafa, o mellor oficio do universo! As fotos que fai contan historias, explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás. Ser fotógrafa é marabilloso. Este libro, que tamén é un álbum de fotos, conta a vida de Perpetua, pero tamén algo máis: en todas as súas imaxes hai un segredo agochado.


ISBN:

9788411103572

Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus. A ciencia foi a táboa de salvación á que nos agarramos en momentos de incerteza e angustia; protexeunos, achegounos ao benestar e, en definitiva, foi quen nos rescatou da pandemia. Este libro conta como reaccionamos e como o apoio á investigación trouxo vacinas e terapias, aflorou a esperanza e comezamos a ver a luz ao final do túnel. Grazas ao aprendido, afrontaremos mellor os desafíos no futuro, por iso cómpre coñecer a ciencia e aplicala a conciencia.


ISBN:

9788411103374

Mediometrópole e os superheroes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cidade toman cartas no asunto e tratan de acabar de varias maneiras, algunhas delas verdadeiramente disparatadas, coa terrible ameaza de Morzilla, a lagarta tamaño XXL.


ISBN:

9788411103633

O libro e o tapiz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar.
Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña.
Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febra consistente da identidade histórica galega.


ISBN:

9788411103640

Unha saca de patacas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos.
Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.


ISBN:

9788411103336

Ánxela e Spencer

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna... As preguntas aumentan cando Ánxela atopa, no galiñeiro da súa casa, un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero... Quen é? De onde vén?, e sobre todo..., como se pode ser tan bonitiño?
Unha emocionantísima viaxe repleta de humor e trepidantes aventuras.


ISBN:

9788411103589

Alguén nos lembrará «Antoloxía de relatos LGBTIQA+»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa.O que tes entre as mans é unha antoloxía con quince perspectivas novas e diferentes arredor da disidencia de sexo e xénero. Quince voces de ata 30 anos que escriben co convencemento de que, como dixo Safo, "Alguén nos lembrará".




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal