logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102667

Liliam Strawberry e o paxaro da morte

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o único corpo sen vida que aparecerá na vila. Liliam, atraída polos enigmáticos cadáveres, incitará a Franz e a Gloria a investigar pola súa conta sen sospeitar que ela vai ser unha peza clave no curso dos acontecementos.


Unha fascinante novela de intriga e misterio, con doses de fantasía, medo e humor, dirixida a ese lectorado infantil que xa camiña cara á adolescencia.


ISBN:

9788411102568

A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.


ISBN:

9788411102650

O libro grande dos números pequenos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Osos e caracois, planetas e flores, corazóns e barcos desfilan por este libro para primeiros lectores, cheo de cor e sorpresas. Divertidas rimas de números para contar do un ao vinte, do dereito e do revés. Porque contar e cantar todo é comezar.


ISBN:

9788411102933

A Muller Xabaril

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro.
O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril.
En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.


ISBN:

9788411102957

Un gorro ruso

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata Figueras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa.
Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.


ISBN:

9788411102674

Incoloro «A profecía dos sangues»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza deste pobo é que se cumpra a profecía segundo a cal un sangue branco conseguirá liberalos. Mentres esperan, uns rebeldes buscan a maneira de atacar o castelo dos sangue vermello, sen moito éxito. Ata que unha descoñecida rapaza chega á aldea...


ISBN:

9788411102926

Viva a Comuna!

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 600
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade.
Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise Michel, Eugène Varlin, Jules Vallès, Henri Rochefort, Nathalie Lemel ou Gustave Courbet, protagonistas dun tempo de esperanza que recorda na súa orixe e no seu destino tempos históricos máis recentes.
Cun estilo envolvente e preciso, capaz de combinar o rigor histórico e a pulsión narrativa, Carlos Meixide recrea o ambiente dos distintos escenarios: clubs, tabernas, redaccións de xornais, barricadas... en que tivo lugar o primeiro gran combate entre o capitalismo e a clase traballadora. Unha novela vibrante sobre a condición humana, sobre a fraternidade e o compromiso, sobre a xustiza e o medo, sobre a ilusión e o fracaso.


ISBN:

9788411102346

Bullying

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mellor estar aí embaixo, no subterráneo, ardendo nas chamas. Mamá di que o inferno existe e que o ceo tamén. O do ceo está ben claro que existe porque levanto a vista e velaí o está, pero o inferno, de o haber, non creo que sexa tan terrible coma este onde estou».


ISBN:

9788411102643

Non temerás os coches amarelos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia..., e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible.
Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.


ISBN:

9788411102339

Multitudes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal