logo paquebote
2915 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:

ISBN:

9788411103039

Garabitolas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.


Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.


ISBN:

9788411103107

Miño

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 568
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso país», trátase de propostas literarias que «transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes da ambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexo aquí, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa e ferida». Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epílogo «a infinidade de rexistros e estilísticas ensaiados, a pluralidade de voces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, as diferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que ten algo de forza sintetizadora, de respiración dun país pola boca dos referentes do actual panorama literario.»


ISBN:

9788411103046

Lembranzas dun mestre subversivo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa familia, o seu traballo docente, a fuxida de Madrid, a aparición de personaxes ligados coa resistencia á ditadura ou a música dos Beatles, vanse alternando co seguimento da enfermidade, coa relación entre o avó e o neto e coas conversas entre Natalia e a súa nai. "Lembranzas dun mestre subversivo", de Xacobe Medina, é unha novela onde o fío argumental principal vai dando pé a diversas historias de resistencia e subversión, historias inconformistas que relatan, desde o presente, un tempo que marcou a ferro moitas vidas.


ISBN:

9788411103084

A curva da pantasma

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio como motor da narración. A través delas, aborda temas como o consumo de alcohol, o machismo, os incendios forestais, o acoso escolar, a verdade e a mentira, as relacións na adolescencia, as redes sociais, a diferenza, a exclusión, a posverdade ou o propio papel da literatura.


ISBN:

9788411103091

Do abrazo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais. Abrazos vividos e non vividos, apertas pensadas e repensadas, abrazos imaxinados, esquecidos, lembrados, e mesmo abrazos deixados a deber.


ISBN:

9788411103114

Coa man esquerda

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo.
Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.


ISBN:

9788411102650

O libro grande dos números pequenos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Osos e caracois, planetas e flores, corazóns e barcos desfilan por este libro para primeiros lectores, cheo de cor e sorpresas. Divertidas rimas de números para contar do un ao vinte, do dereito e do revés. Porque contar e cantar todo é comezar.


ISBN:

9788411102957

Un gorro ruso

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata Figueras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa.
Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.


ISBN:

9788411102667

Liliam Strawberry e o paxaro da morte

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o único corpo sen vida que aparecerá na vila. Liliam, atraída polos enigmáticos cadáveres, incitará a Franz e a Gloria a investigar pola súa conta sen sospeitar que ela vai ser unha peza clave no curso dos acontecementos.


Unha fascinante novela de intriga e misterio, con doses de fantasía, medo e humor, dirixida a ese lectorado infantil que xa camiña cara á adolescencia.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal