logo paquebote
2385 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491213680

Choiva de ras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.
" Choiva de ras "
é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.

Ánxela Loureiro é profesora xubilada de Educación Primaria, especializada en música. Formou parte do grupo Saraibas como solista e participou no libro-casete "Cancións para o ano" (Xerais 1995). Iniciou a súa actividade como creadora en 1978 coa obra "¡Ollo! Hai lurpios na horta", premio de teatro Infantil do Ateneo Ferrolán. Publicou as seguintes obras de literatura infantil: "Viaxe de ida e volta" (Xerais 1996); "Laia, a nena da illa" (Xerais 1998); "Camiño perigoso" (Xerais 2002), novela, finalista do Premio Merlín 2002; "Ota quere voar" (Xerais, 2003), Premio Lecturas Galix, 2005 (de 8 a 10 anos), Premio Literario Frei Martín Sarmiento, 2004 (de 8 a 10 anos) e "Choiva de ras" (Xerais 2018)., Xosé Tomás (Ilustrador/a). Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: "Contos de Reis e de Nadal" (2007), "O souto escuro e perigoso" (2011), "O arco da vella" (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), "Os reloxos preguiceiros de Néboa" (2011), "Coller as rendas" (2014), "Choiva de ras" (2018) e "Animalia 1. Verde" (2018), na colección Merlín Cómic.


ISBN:

9788491213697

A noite das bicicletas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre
" Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa
" Celífera " , progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca. Precuela de
" A filla do ladrón de bicicletas " , Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.


ISBN:

9788491213703

A biblioteca de Pedrarcana

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
" A biblioteca de Pedrarcana "
é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.


ISBN:

978-84-9121-335-2

María Victoria Moreno. Sementadora de futuro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza. Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás... " María Victoria Moreno. Sementadora de futuro " , de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.


ISBN:

978-84-9121-336-9

Un home estraño

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
“Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro
& #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.


ISBN:

978-84-9121-338-3

A crueldade de abril

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais. Eses mortos, simple estatística, descansarán baixo a alfombra da nosa mesquindade. Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dun realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos días, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesía da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquí espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.


ISBN:

9788491212034

Novo xardín das letras. Sílabas trabadas «Lectoescritura Pauta»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: 30,5 x 24 cm.
Precio: 9,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística


ISBN:

9788491213734

ABAU 2018. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 84
Formato: Grampado con Cubertas, 21,00 x 29,7
Precio: 12,40
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2018» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2018.Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso.Ademais, aconséllase de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos (esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico) e nas ideas para o argumentario dos comentarios.


ISBN:

9788491213277

Segredos no Solpor

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fronte ao paso de peóns situado diante do hotel dos seus pais, xusto aquel día, pareceulle unha broma pesada. Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.


ISBN:

9788491213284

A soidade do asasino

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre o escenario a esencia dunha “nova relación” que progresa cara a un final incerto. Pode o asasino deixar de selo? Non, mentres sinta que esa é a súa profesión e o seu compromiso. Pode a vítima evitar o seu destino fatal? Non, se non é capaz de cambiar a correlación de forzas de partida. En " A soidade do asasino " todo sucede nun escenario único, mentres as ideas que flúen e conmoven están nas cabezas desas dúas persoas que avanzan por un vieiro descoñecido cara a un destino tan sorprendente como inevitable.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal