logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:


ISBN:

9788491216889

Bo Camiño! Proxecto O Camiño de Santiago «Proxecto Interésame! 2020»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: , 30,5 x 24,5 cm.
Precio: 21,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O proxecto "Bo Camiño!" achega o Camiño de Santiago aos nenos e nenas e visibiliza o seu carácter interxeracional e de diversidade. As persoas que fan o Camiño de Santiago coñecen as particularidades dos diferentes lugares polos que pasan e adquiren una experiencia vutal e intercultural inesquecible. O proxecto "Bo Camiño!" transmite competencias e valores como a autonomía, o esforzó, a cooperación, o respecto, o coidado do medio ambiente, as normas cívicas e o recoñecemento dos momentos vitais fronte aos bens materiais.




ISBN:

978-84-9121-649-0

Galicia contada aos non galeguistas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga?
Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. Porque fai falta ter, por fin, respostas que nos sirvan a todos.


ISBN:

978-84-9121-615-5

Un lume azul

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 400
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, " Un lume azul " é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.


ISBN:

978-84-9121-609-4

Os camiños do vento

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha viaxe a través dos camiños do vento.


ISBN:

9788491215912

Calendario Xerais 2020. Traballadoras de Massó

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grampado con Cubertas, 30,00 x 30,0
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calendario Xerais Traballadoras de Massó 2020.
Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do arquivo do Museo Massó. Estas doce imaxes realizadas nos anos vinte do século XX recollen o traballo das mulleres na industria conserveira galega.


ISBN:

978-84-9121-592-9

Shanghai a Barcelona

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: Rústica, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.
" Shanghai a Barcelona "
é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.
" Shanghai a Barcelona "
é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal