logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-749-7

Salvamos o planeta! «Respostas rápidas para preguntas enxeñosas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Anillas
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Por que hai gaivotas nos vertedoiros?. Que é unha marea negra?. E o quentamento global?. Tan malo é o plástico?. "Salvemos o planeta!" é un libro para aprender... divertíndote.


ISBN:

978-84-9121-697-1

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os Mimimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer todo o que lles pete. Todo cambia o día que chega Terraplén, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar todo o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Terraplén regrese á vida?


ISBN:

978-84-9121-744-2

A tropa contra o virus

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19.
Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade.
Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.


ISBN:

978-84-9121-704-6

Súbditos ou cidadáns? «Reflexións ante a involución democrática e a lóxica dos poderosos»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque. Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición. A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas. O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.



ISBN:

978-84-9121-679-7

Non fales o que non debes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. O vehículo de emerxencias, a policía, o forense e a titular do Xulgado número 3 están a carón do cadáver, que o observa todo. Nos informativos dábanse detalles da Operación Táchira que debían estar baixo segredo de sumario. Ao tempo, un xornalista que asina como Vagalume parece disposto a todo con tal de obter información. Que se agocha detrás da vida de cadaquén? Ten iso algo que ver co sentido ético? Os personaxes desta novela presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar se penetramos nos seus segredos.


ISBN:

9788491217152

ABAU 2020. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 84
Formato: , 30 x 21,5 cm.
Precio: 12,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2020.Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a avaliación de bacharelato deste curso.Ademais, aconséllase de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos (esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico) e nas ideas para o argumentario dos comentarios.




ISBN:

9788491216889

Bo Camiño! Proxecto O Camiño de Santiago «Proxecto Interésame! 2020»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: , 30,5 x 24,5 cm.
Precio: 21,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O proxecto "Bo Camiño!" achega o Camiño de Santiago aos nenos e nenas e visibiliza o seu carácter interxeracional e de diversidade. As persoas que fan o Camiño de Santiago coñecen as particularidades dos diferentes lugares polos que pasan e adquiren una experiencia vutal e intercultural inesquecible. O proxecto "Bo Camiño!" transmite competencias e valores como a autonomía, o esforzó, a cooperación, o respecto, o coidado do medio ambiente, as normas cívicas e o recoñecemento dos momentos vitais fronte aos bens materiais.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal