logo paquebote
2904 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411100342

Doces e lambetadas. Receitas con historia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 20 cm.
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando
a historia da gastronomía. Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro. Matilde Felpeto ofrécenos máis de 50 deliciosas receitas con historia: desde a torta de Santiago ás filloas, desde as natas de Belém ao mousse de chocolate, desde a torta real de Allariz ao arroz con leite, desde a crema queimada ao tiramisú; mais tamén o pão-de-ló á charlota, os brownies, os melindres, o roscón de reis, a torta San Marcos ou o pudin de castañas, entre outras moitas.


ISBN:

9788491219811

Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria daquela época, daquel "tempo de silencio".


ISBN:

9788411100373

Calendario Xerais 2022. As mulleres das letras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: 30 x 30 cm.
Precio: 12,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Calendario de parede con doce ilustracións realizadas por Iván R. que rende homenaxe ás escritoras galegas que, ao longo da historia, tiveron que rebelarse contra o silencio e a invisibilización.


ISBN:

9788491219293

Astérix e o grifón

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: , 28,8 x 21,8 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración.


ISBN:

9788491219798

Virus e bacterias «E logo... por que?»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: , 20,5 x 14 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Coas preguntas enxeñosas e as respostas rápidas deste libro aprenderedes moitos detalles e curiosidades sobre os virus e as bacterias. As rapazas e os rapaces queren saber moitas cousas e por iso sempre están dispostos a abrir a boca para facer unha chea de preguntas. Este libro espertará a súa curiosidade e a súa gana de saber aínda máis. Nunca deixedes de preguntar, aprender e divertirvos!


ISBN:

978-84-9121-861-6

Astérix nos xogos olímpicos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartoné
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...
Nesta ocasión todos os homes da aldea embarcan con rumbo a Grecia para participar nos Xogos Olímpicos e darlles unha vez máis unha malleira aos romanos. Pero as cousas complicaranse cando descubran que non poden usar a poción máxica para gañar.





ISBN:

978-84-9121-862-3

Darío a diario

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.»
Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Rubén Santiago.





Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal