logo paquebote
2389 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-623-0

Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 256
Formato: Cartoné
Precio: 36,00
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco.
No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.


ISBN:

978-84-9121-607-0

Dez gatiñas viaxeiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: Cartonado, 21,00 x 21,00 cm.
Precio: 12,20
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe?
Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.


ISBN:

978-84-9121-614-8

Onde nacen as hedras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica Fresado, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Onde nacen as hedras "
é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma.
Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño do que xa non é, mais tamén do que sobrevive.


ISBN:

978-84-9121-611-7

Fariña. A novela gráfica

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Cartonado, 18,50 x 26,00 cm.
Precio: 18,89
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Logo do enorme éxito de " Fariña " , de Nacho Carretero, chega agora a novela gráfica, da man do coñecido ilustrador e grafista Luis Bustos. Unha obra áxil, fermosa e directa que nos mergulla na Galicia do contrabando nas rías, das planadoras, dos clans, dos capos, da impunidade e do narcotráfico. Desde a revolución da linguaxe da novela gráfica, o " Fariña " de Nacho Carretero entra xa nun dos xéneros máis contemporáneos reinterpretado por un autor de prestixio.


ISBN:

978-84-9121-609-4

Os camiños do vento

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 13,70
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha viaxe a través dos camiños do vento.


ISBN:

978-84-9121-615-5

Un lume azul

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 400
Formato: Rústica
Precio: 23,90
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, " Un lume azul " é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.


ISBN:

978-84-9121-593-6

Formigas nos pés

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Rústica Fresado, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 18,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Formigas nos pés "
é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.
Para a protagonista de
" Formigas nos pés " , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz.


ISBN:

978-84-9121-613-1

Órbita

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica Fresado, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Órbita " recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas.


ISBN:

9788491215912

Calendario Xerais 2020. Traballadoras de Massó

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grampado con Cubertas, 30,00 x 30,0
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calendario Xerais Traballadoras de Massó 2020.
Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do arquivo do Museo Massó. Estas doce imaxes realizadas nos anos vinte do século XX recollen o traballo das mulleres na industria conserveira galega.


ISBN:

978-84-9121-612-4

Vigo, puro milagre

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 280
Formato: Rústica cosido a fío, 14,50 x 22,00
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea. Co formato dunha guía sentimental, afastada de tópicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da esencia do Vigo contemporáneo, dunha cidade orgullosamente galega, volcán de dinamismos, cidade estrépito de corazón celeste, obreira, aldeá, mariñeira, amante da ansia perdida.
Prosas viguesas polas que circulan os tranvías metropolitanos, a actividade e o bulir de comercios e mercados, os conflitos obreiros e os naufraxios, os traballos da ribeira e da ardora, a ledicia das festas tradicionais, as receitas de larpeiradas e noites sinaladas, as angueiras de barrios, parroquias e xentes humildes dunha cidade guindastre, contraditoria, capaz de facerse, desfacerse e refacerse coma espiral. Vigo, puro milagre!




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal