logo paquebote
2758 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103886

Os mil e un días

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: , 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía.


ISBN:

9788411103824

O corazón dos paxaros

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: , 25 x 16,2 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles.


ISBN:

9788411103831

Ringo. Memorias dun coello fedello

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.


ISBN:

9788411103039

Garabitolas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.


Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.


ISBN:

9788411103077

Moita froita

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: , 16 x 16 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A profe Lola/ trouxo froita para a escola...

Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan en galego, portugués, castelán e inglés.


ISBN:

9788411103374

Mediometrópole e os superheroes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cidade toman cartas no asunto e tratan de acabar de varias maneiras, algunhas delas verdadeiramente disparatadas, coa terrible ameaza de Morzilla, a lagarta tamaño XXL.


ISBN:

9788411103633

O libro e o tapiz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar.
Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña.
Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febra consistente da identidade histórica galega.


ISBN:

9788411103350

A fotógrafa Perpetua

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: , 21,5 x 26,4 cm.
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Perpetua sempre o tivo claro: ela ía ser fotógrafa, o mellor oficio do universo! As fotos que fai contan historias, explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás. Ser fotógrafa é marabilloso. Este libro, que tamén é un álbum de fotos, conta a vida de Perpetua, pero tamén algo máis: en todas as súas imaxes hai un segredo agochado.


ISBN:

9788411103640

Unha saca de patacas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos.
Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.


ISBN:

9788411103541

Astérix O galo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: , 29,5 x 23 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

O primeiro álbum da serie de cómics máis popular do mundo. Con este título nace Astérix, o mítico heroe galo creado polos famosos Goscinny e Uderzo. Para descubrir o segredo da poción máxica que lles dá aos habitantes da irredutible aldea unha forza sobrehumana, os romanos secuestran a Panorámix, o druída. Astérix, acompañado polo seu fiel amigo Obélix, terá que rescatalo.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2023 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal