9788413432113
Un día de chuvia e flores
Carme Solé Vendrell
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 28/02/2023 Páginas: 32Formato: , 22 x 22 cm.
Publicado en inglés en 1981, foi o primeiro libro en solitario de Carme Solé e, segundo a propia autora, ten a súa orixe nunha viaxe a Venecia onde lle chamou a atención a imaxe dun neno cun paraguas aberto e un ramo de flores na man. Así naceu este álbum, de texto mínimo e ton poético que dialoga coas ilustracións para trasladar a lectores e lectoras unha poderosa e necesaria mensaxe de cooperación, respecto á natureza e antibelicismo. Kalandraka recupera este título para engadir ao seu catálogo unha obra máis desta grande autora catalá recentemente galardoada coa Medalla de Ouro das Belas Artes.