logo paquebote
337 libros encontrados buscando editorial: Everest Galicia

www.paquebote.com > Everest Galicia

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788440311818

Planeta Paleta

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Cartoné
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Sentir as cores e asocialas co mundo coñecido é a mellor maneira de facelas nosas como unha parte máis da nosa vida.
Un fermoso álbum para os máis pequenos que nos fala da irmandade dos nosos sentidos, de como as imaxes poden ser percibidas non só pola vista, senón tamén polo tacto, polo olfacto?
A internacionalmente recoñecida escritora e comunicadora Yolanda Castaño ábrenos as portas a un mundo cheo de sensacións na compaña das extraordinarias ilustracións de Xosé Tomás.


ISBN:

9788440312563

O segredo da vella librería

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

O quiosco de prensa do señor Xerardo, a tenda de sombreiros de dona Elisa, a pastelería de don León, a xastrería de monsieur Didier, o estanco da señorita Violeta... Como todas as mañás, o mociño Gustavo Esmorís disponse a percorrer a cidade coa súa carretilla na idea de enchela de cartóns e papeis vellos para así botar unha man na casa. Porén, aquela escura e fría mañá non acaba sendo coma as outras: tras perderse nun labirinto de rúas descoñecidas, o noso pequeno amigo atopa unha solitaria librería e da man do peculiar señor Marmaduke, o seu dono, descobre un monte de cousas (por non falar dunha terrible conspiración). Abofé que a partir dese momento a súa vida non volverá ser coma antes.

Homenaxe declarada ao libro, ás librerías e ás aventuras que nos esperan á volta do camiño.?O segredo da vella librería? é unha novela de auténticos aires ?dickensianos? na que, a dicir do seu autor, ?todo é como felizmente debe ser aínda que ao comezo non o pareza?.


ISBN:

9788440312570

Catuxa quere saber máis

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Xa coñecedes a Catuxa e a boa relación que mantén co seu avó. A súa curiosidade non ten límites e son moitas as preguntas que se fai sobre todo o que a rodea. Grazas a elas, Catuxa descobre que aprender tamén pode ser divertido cando se teñen como aliados aos contos e a alguén que nos guíe nese camiño de emocións.
Non se aprende memorizando, apréndese utilizando a imaxinación ao servizo da realidade.


ISBN:

9788440312280

A flol da celdeila. Un conto chinés

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Un conto no que, con palabras do común, vaise degrañando unha historia: a dunha mociña estigmatizada desde nena pola única razón de ser diferente aos outros nenos da súa idade. É a historia de Rosiña, a Flol da Celdeila, unha chinesa incapaz de pronunciar o ?ele?. Retrátanse, con humor retranqueiro e sentida tenrura, aspectos relacionados coa exclusión, coa marxinación, coa intolerancia e co acoso, co poder abusivo e co desarraigamento, que lle van dando forma a unha narración entrefebrada doutras tantas historias e aventuras.


ISBN:

9788440312297

Historias para contar arredor da lareira

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Non esquecer o pasado afianza o presente e axuda a camiñar con paso firme cara ao futuro.
Na calor do fogar, a tradición toma a plabra para transmitir un legado cultural e máxico, que só deste xeito puido chegar ata os nosos días e que constitúe a esencia da universalidade que envolve as persoas vencelladas á terra de seu.


ISBN:

9788440312006

Andainas de Pedro Chosco

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradición e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira páxina, o lector fica enganchado a unha historia que engaiola non só pola trama argumental, narrada con habelencia e engado, senón tamén pola riqueza léxica, moi salientable neste autor, e tamén pola fantasía por veces desbordante. En fin, estamos perante un libro que, de seguro, nos permitirá vivir moitos momentos entretidos.


ISBN:

9788440312549

Diario de Pichük. O longo longöbio de Longölia

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Nesta nova aventura, percorreremos xunto a Pichük e Riböt a rexión de Longölia, na procura dunha das máis grandes e enigmáticas especies do Planeta Mincha. O valor, a paciencia e a perseveranza son as armas que utilizará o protagonista para intentar acadar o seu obxectivo, pero non será fácil. Ninguén conseguiu endexamais verlle a cara ao longöbio, será o noso científico favorito quen de facelo?
Diario de Pichük, as vivencias dun científico soñador


ISBN:

9788440312532

Ana xa chegou!

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A chegada dun novo membro a un fogar sempre é unha auténtica revolución. Iso foi o que aconteceu cando Ana decidiu lanzarse á vida. Amais da familia, había alguén especial agardando por ela, un compañeiro que viaxou desde lonxe para estar sempre ao seu carón. Xuntos descubrirán o mundo? e a vida.
A pequena Ana resultou ser unha nena curiosa e espelida que abriu as pálpebras para descubrir o universo que a rodea, e para llelo facer ver aos demais desde outros ollos, sempre agarimosos e ledos.


ISBN:

9788440312013

A casa de cartón

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 60
Formato: Rústica
Precio: 7,75
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A Adela xa non lle serven os zapatos de charón, que gardaba nunha caixa de cartón coma un tesouro.
Os zapatos herdaríaos a súa curmá pequena, pero? que podería facer coa caixa de cartón?
Para non a deixar baleira, transformouna nunha fermosa casa que decidiron alugar, logo de moito pensar, un grilo e mais un vagalume.


ISBN:

9788440312204

O furtador de auga

Editorial: Everest Galicia   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Rústica, 19,5 x 12,5 cm.
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

"O furtador de auga" non ten nome, simboliza o progreso ao servizo da cobiza e da destrución do equilibrio natural, co único fin dun enriquecemento persoal sen escrúpulos.
Cando xa todo parece perdido, a natureza alíase coas xeracións máis novas para lograr recuperar o benestar, algo que adoita habitar na felicidade que nace das cousas máis sinxelas.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal