logo paquebote
8 libros encontrados buscando autor: Xosé Cid Cabido

www.paquebote.com > Xosé Cid Cabido

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-452-6

Tres pintores

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio.
Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelecto bohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar,
tratados con salientable sentido do humor.


ISBN:

9788496957749

Oralmente por la boca

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:   
Precio: 17,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Esta carta le ha sido enviada para traerle suerte. El original se encuentra en Nueva Inglaterra. Ha dado tres vueltas al mundo. Se la envía a su suerte. Le llegará la suerte en los cuatro días siguientes a la recepción de esta carta. Esto no es fantasía. Mande fotocopias a personas alas que considere que debe dar suerte. La ciudad es un microcosmos que parece regirse por sus propias leyes. Sus habitantes aparentan vivir bajo la seguridad que proporciona la rutina diaria. Pero tras esa “normalidad” se encuentran, se conocen o se cruzan personas que viven en la frontera entre lo real y lo fantástico. “Oralmente por la boca” es un conjunto de quince historias en las que Cid Cabido narra, magistralmente, las peripecias de los seres contradictorios que habitan en el absurdo. -


ISBN:

9788499140612

Unha historia que non vou contar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 17,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido.(*CR*)Unha historia que non vou contar enfronta ao lector ás miserias e contradicións da sociedade viguesa dos últimos estertores do franquismo e, ao tempo, convídao a repensar a propia construción literaria do que é unha novela, botando man dos recursos narrativos propios da non ficción. Sen dúbida ningunha, estamos diante dun gran libro, que suscitará interese e debate dos lectores e da propia crítica literaria.(*CR*)


ISBN:

84-9782-073-8

Fálame sempre

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 17,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno -en quen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, séntese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamén os Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.


ISBN:

84-7507-828-1

Panificadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Precio: 14,35
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. Premio Blanco Amor de Novela, 1994


ISBN:

84-8302-466-7

Grupo abeliano

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 16,64
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 2ª Edición Premio Blanco Amor de Novela, 1999


ISBN:

84-8302-158-7

Oralmente pola boca

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,40
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común. Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de
" Extenuación "
ata o
" Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo. Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.


ISBN:

84-7507-609-2

Días contados

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,70
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 2ª Edición Premio Cidade de Lugo, 1991



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal