logo paquebote
11 libros encontrados buscando autor: Xabier Quiroga

www.paquebote.com > Xabier Quiroga

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103114

Coa man esquerda

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo.
Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.


ISBN:

978-84-666-6349-6

El cabo del mundo

Editorial: Ediciones B   Fecha de publicación:    Páginas: 448
Precio: 20,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cuando la prestigiosa periodista de investigación Rhoda Gradwyn ingresa en Cheverell Manor, la clínica privada del doctor Chandler-Powell en Dorset, para quitarse una antiestética cicatriz que le atraviesa el rostro, sus planes son ser operada por un cirujano célebre, pasar una semana de convalecencia en una de las mansiones más bonitas de Dorset y comenzar una nueva vida. Nada le hace presagiar que no saldrá con vida de Cheverell Manor. El inspector Adam Dalgliesh y su equipo se encargarán del caso. Pronto toparán con unsegundo aseinato, y tendrán que afrontar problemas mucho más complejos que la cuestión de la inocencia o la culpabilidad.


ISBN:

978-84-9121-913-2

O baile dos estorniños

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 808
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, non cre. Concibida como remate da Triloxía da Ribeira Sacra, «O baile dos estorniños» fusiona de xeito maxistral unha investigación actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mestúrase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecución das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebés e a represión do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra. Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficción e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo épico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuás como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguén é quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.


ISBN:

84-9782-232-3

Era por setembro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais.
A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con “Era por setembro” (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.


ISBN:

84-9782-456-3

Se buscabas un deus

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 496
Formato: Rústica, 14,4 x 22
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera –por moito que deixe resoltas as súas incógnitas– o seu complemento. Trátase dunha novela diferente, que fará que o lector matine nun futuro demencial que está aí ao lado, como agardando, para someter a vida e a persoa. A procura de Ivo, o rapaz protagonista, que arrinca do que semella un traballo universitario, convértese así nun pretexto para denunciar o que paseniñamente, se cadra sen decatarnos, acontece e deixamos pasar. Mesturando realidade e ficción, cun estilo novidoso e sorprendente forza narrativa, Se buscabas un deus vai atrapando ao lector no fío dunha inusitada trama que, ao tempo que presinte a desfeita, camiña parella á escolla do que nos quedará: resignarse ou buscar o amor e a liberdade. Tras o formidable éxito do seu debut con Atuado na braña, Xabier Quiroga nesta súa segunda novela longa, confírmase como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores.


ISBN:

978-84-9914-940-0

Izan o da saca

Editorial: Xerais    Páginas: 384
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.
Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

• Xabier Quiroga (Autor/a). Xabier Quiroga deuse a coñecer no terreo novelístico galego coa sorprendente Atuado na braña (Xerais 2002), novela longa á vella usanza que, ademais de conquistar a fidelidade dun lector galego ávido de grandes historias de noso, recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). Reapareceu cunha pequena alfaia literaria: Era por setembro (Xerais 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina e pola súa escrita vizosa e engaiolante». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en Se buscabas un deus (Xerais 2006), novela de longo alento na que propoñía unha reflexión sobre o futuro que nos agarda. A súa novela O Cabo do Mundo (Xerais 2009) recibiu o Premio da Crítica 2010 e Zapatillas rotas (Xerais 2014) o Premio da Crítica 2014. A súa última novela é Izan, o da saca (Xerais 2015).


ISBN:

9788490705490

La casa del nazi

Editorial: B de Bolsillo   Año:    Páginas: 632
Formato: 15 x 22,2 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.

Una novela negra deslumbrante sobre el misterioso destino de los nazis desaparecidos al término de la Segunda Guerra Mundial. Una historia que te dejará sin aliento y con la sensación de haber leído una obra maestra.

«Hará unos diez meses recibí una misiva desde su tierra. Procedía de un universitario que se había decidido a rastrear la presencia en Galicia de Adolf Hitler y de otros nazis tras las derrota de la Segunda Guerra Mundial. Afinando más, pretendía demostrar su presencia o su tránsito por ahí antes de instalarse definitivamente en América del Sur. Sin más datos que me permitieran identificarlo que la letra V y la dirección electrónica utilizada, al parecer por encargo o como trabajo de investigación para un profesor de una facultad que tampoco especificaba, solicitaba mi colaboración.»"

Un manuscrito que revela un pasado nazi en España. Una peligrosa investigación sobre uno de los hechos históricos más fascinantes y ocultos de la posguerra: la misteriosa «Ruta de las ratas». Una atractiva búsqueda por la Galicia profunda: aldeas, villas, pazos y monasterios envueltos en la bruma desfilan ante el lector hasta el sorprendente final en la Ribeira Sacra.

Reseña:
«La gran novela que se lee sin pestañear.»
Ángel Vivas, El Mundo


ISBN:

84-8302-770-4

Atuado na braña

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 632
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar. O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe.
Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego.
Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.


ISBN:

978-84-9914-700-0

Zapatillas rotas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 400
Formato: Rústica
Precio: 23,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de “Zapatillas rotas” por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. “Zapatillas rotas” trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.


ISBN:

978-84-9914-058-2

O Cabo do Mundo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 328
Formato: Rústica cosido a fío 14,50 x 22,00
Precio: 23,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño.(*CR*)Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.(*CR*)



[1-10]  [11-11]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal