logo paquebote
9 libros encontrados buscando autor: X. L. Méndez Ferrín

www.paquebote.com > X. L. Méndez Ferrín

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-9782-249-8

Con pólvora e magnolias

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: Cartonado, 16,80 x 27,30 cm.
Precio: 33,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Libro ilustrado por Sucasas.
Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspectiva temporal salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos.
Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario renovador, intenso, poderoso.


ISBN:

978-84-9782-603-7

Arnoia, Arnoia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xigante Hannak, as fragas de Brocelandia, onde recibe a espada Milmanda, as minas de Grou...


ISBN:

84-8121-958-4

Un escritor nos xornais artigos periodísticos

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica, 23 x 16 cm.
Precio: 13,21
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

1ª edición.


ISBN:

978-84-9121-507-3

Antón e os inocentes

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impronunciable dun conflito latente. Este libro é a historia de dous mozos que emprenden unha viaxe cara ás sombras da que é imposible regresar.


ISBN:

978-84-9121-489-2

Con pólvora e magnolias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica cosido a fío, 14,50 x 21,00
Precio: 11,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos.
Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario renovador, intenso, poderoso.


ISBN:

84-9782-128-9

Arraianos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.
A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX; a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36; a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta.
Ó servicio dunha relativa unidade temática, pretendida na común referencia espacial do conxunto, Méndez Ferrín emprega técnicas narrativas -ritmos, puntos de vista, construccións- moi diversas, ademais de facer un uso intencionado de formas dialectais do galego arraiano ou mesmo portugués estándar.
Un arraiano, de Vilanova dos Infantes, non podía ser de outra forma, lévanos deica terras escravas onde a xente mira con ollos vacunos e avultados. Xente coa que, por algunha razón, é preciso ter moito coidado.


ISBN:

84-9782-127-0

O crepúsculo e as formigas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É o intre do crepúsculo.
Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos.
Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente.
Os homes son coma formigas, na vila sen nome.
E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.


ISBN:

978-84-9782-642-6

Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 504
Formato: Cartonado, 15,50 x 21,50 cm.
Precio: 34,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro.
A obra organízase en tres partes: no “Consultorio” abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en “Un ferrado de apelidos” analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en “Flor de raros” trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais.
Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico.
O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.


ISBN:

978-84-9782-610-5

Bretaña, Esmeraldina

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 448
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e das notas.



[1-9]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal