logo paquebote
10 libros encontrados buscando autor: Red Temática de Investigación \"LIJMI\"

www.paquebote.com > Red Temática de Investigación \"LIJMI\"

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-295-1

O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 440
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

ESTE VOLUME RECOLLE UN CONXUNTO DE ESTUDOS DESTINADOS FUNDAMENTALMENTE AOS MEDIADORES, QUE PRETENDEN AFONDAR NO ÁLBUM ILUSTRADO.(*CR*)Os membros da “Red Temática de Investigación “ Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010).(*CR*)Tras dous artigos teóricos que afondan nas peculiaridades desta modalidade literaria que presenta unha especial interrelación entre texto e ilustración e estableceu un novo modo de comunicar, ler e interpretar, ofrécese unha selección de doce álbums inesquecíbeis, publicados antes da época de consolidación do álbum en todas as literaturas dos ámbitos da rede, así como unha selección de obras publicadas no período estudado, pertencentes ao marco ibérico, iberoamericano e doutros ámbitos lingüísticos, co obxectivo de dar a coñecer obras que destacan pola súa calidade.(*CR*)O volume complétase con trinta comentarios pormenorizados, co fin de facilitarlles aos profesionais da mediación algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria, e mais cunha bibliografía descrita que reúne achegas de interese ao álbum.(*CR*)


ISBN:

978-84-9782-616-7

Teatro infantil. Do texto á representación

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente aos mediadores, que pretenden afondar no tema do teatro e da súa representación, dous elementos que se necesitan mutuamente e que posúen funcións, significados e características de seu.
Tras dúas achegas teóricas arredor do xénero dramático e o teatro infantil e o concepto de representación, abórdanse enfoques panorámicos centrados na historia do xénero nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca. O volume inclúe ademais unha selección de sesenta e unha obras da literatura dramática, realizada co obxectivo de dar a coñecer autores e autoras que destacaron pola súa traxectoria e a calidade das súas obras e por seren representantes das grandes correntes do teatro infantil do século XX. Sete destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores algunhas claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.


ISBN:

84-9782-486-5

Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica, 17 x 24
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Os membros da ?Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico? (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de achegas arredor do multiculturalismo e a representación da indentidade na Literatura Infantil e Xuvenil, destinadas fundamentalmente aos mediadores entre o libro e os seus receptores e que pretenden converterse nun material de consulta útil á hora de desenvovler o seu labor. Tras dunha reflexión teórica arredor do tema proposto, o libro inclúe unha selección de obras pertencentes ao marco ibérico e a outros ámbitos lingüisticos que achegan elementos para unha interpretación da multiculturalidade, da convivencia do diverso, dende perspectivas como o contacto entre culturas, a recreación de situacións de convivencia ou de conflito, o tratamento das diferenzas e as transformacións que se operan na vida cotiá ou a presentación das particularidades que axudan ao coñecemento de culturas alleas. Catorce destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores unha serie de claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.



ISBN:

9788411101745

Cómic e Literatura

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 504
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A considerada «novena arte» é o centro de interese de «Cómic e Literatura», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Litetaruras Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de mediación entre o libro e a lectura. Aquelas persoas interesadas neste produto híbrido entre arte e literatura, coñecido como banda deseñada (BD), cómic, historieta ou historia en cadriños, entre outras formas, atoparán nesta publicación un conxunto de estudos panorámicos da situación da BD nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano. Tamén accederán a unha ampla selección de obras, que son exemplo de biografía gráfica literaria, de adaptación á BD de obras clásicas ou cómics atractivos formal ou tematicamente, e a un conxunto de vinte e catro análises pormenorizadas dalgún dos títulos máis significativos. «Cómic e Literatura» non deixa á marxe a importancia de educar literaria e artisticamente a partir da BD e ofrece pautas tamén nese sentido.


ISBN:

978-84-9121-473-1

As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 512
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 28,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) achegan en As mulleres como axentes literarias na LIX do século XXI diferentes reflexións sobre o papel das mulleres na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste volume estudose comentarios que serven para observar o papel imprescindible de autoras, ilustradoras, investigadoras, tradutoras ou editoras na LIX de diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano.



• Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador). Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/, Mª Isabel Soto López (Coordinador). Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de "Golfiño" e GÁLIX, colaborou na "Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega" (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes "O rastro que deixamos" (Xerais, 2012) e "Un mundo de palabras" (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro" (Xerais 2018)., Marta Neira Rodríguez (Coordinador). , Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a). "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI)
• IBIC: LITERATURA Y ESTUDIOS LITERARIOS>LITERATURA: HISTORIA Y CRÍTICA>Estudios de literatura infantil y juvenil;Id.Geográfico: EUROPA>Europa del Sur>España>Galicia, Comunidad Autónoma de;Idioma: Lenguas indoeuropeas>Lenguas románicas, itálicas y retorrománicas>Gallego (galego);

• DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS>MATERIAIS.


ISBN:

9788491219859

A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 584
Formato: , 24 x 17 cm.
Precio: 26,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A monografía «A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana», nova publicación da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantil y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI), nace co propósito de ofrecerlles un apoio teórico no seu labor de mediación a docentes, profesionais das bibliotecas, familias, animadores culturais etc. Os diferentes estudos que acolle analizan como se trata o tema da morte nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano). Así mesmo, o lectorado interesado atopará nestas páxinas unha completa selección de títulos pertencentes a diferentes xéneros e modalidades editoriais nos que se aborda a morte desde diferentes perspectivas, vinte e oito dos cales son obxecto dun comentario pormenorizado. Un conxunto de aproximacións á morte (natural, violenta, accidental...) que axudan a desterrar esta temática do terreo do tabú.


ISBN:

9788491217541

Camiño e peregrinacións na LIX. Compostela no horizonte

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 570
Formato: , 24 x 17 cm.
Precio: 28,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) reúnen neste volume, baixo o título «Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte)», unha serie de traballos centrados en como o Camiño e a peregrinación teñen presenza e influencia nas literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. As achegas incluídas correspóndense con análises que parten de diferentes puntos de vista e espazos xeográficos; porén, nelas destácanse obras infantís e xuvenís que se centran no Camiño a Compostela a partir das diferentes rutas que o compoñen. Amais das panorámicas dos diferentes ámbitos ibéricos e iberoamericanos, os profesionais da mediación e o público interesado poden atopar neste volume unha selección de obras que destacan pola súa calidade, alén de comentarios críticos dalgunhas delas co fin de facilitarlles o labor á hora de educar literariamente.


ISBN:

978-84-9121-630-8

Imaxes nenez-vellez na LIX

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 570
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 28,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este novo volume da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI), Imaxes nenez-vellez na LIX, céntrase en afondar nas diversas representacións da ancianidade na Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, así como na análise das relacións interxeracionais entre a vellez e a infancia e a xuventude que presentan as obras seleccionadas e analizadas.


ISBN:

9788411104296

Nenas transgresoras na LIX

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 594
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano». Pensado para as persoas con responsabilidade directa na mediación lectora (persoal docente de diferentes etapas educativas, persoal de bibliotecas, de librarías...), pero tamén accesible para o público xeral con responsabilidade indirecta ou interesado na temática (caso das familias), esta obra achégase ás personaxes nenas que na Literatura Infantil e Xuvenil dos diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano romperon ou rompen con estereotipos de xénero. Ábrese cun estudo sobre o tratamento dos estereotipos da nenez nos contos para, a seguir, acoller aqueles traballos centrados nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano) e como estas representan as nenas que transgriden a norma. Como é habitual nas publicacións desta rede interdisciplinar de investigadoras e investigadores, en «Nenas transgresoras na LIX» tamén se pode atopar un conxunto de obras axeitadas para educar literariamente e que abordan a temática, así como comentarios sobre algunhas das máis significativas.



[1-10]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal