logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Nazaret López

www.paquebote.com > Nazaret López

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101769

Pecados veniais

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 216
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron representar.
Esta escolma de historias enfiadas, non exentas de humor acedo, pon o foco na traseira desas situacións, esperadas ou inesperadas, que de socate cambian a vida de quen as padece.
Os abusos a menores, o acoso no traballo, a precariedade laboral, o dereito a ter unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai e a elixir profesión por riba do xénero son asuntos que pairan tamén sobre esta historia. Unha historia que retrata a sociedade hostil en que vivimos e que fai aínda máis vulnerables as mulleres.


ISBN:

978-84-9121-593-6

Formigas nos pés

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 312
Formato: Rústica, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Formigas nos pés "
é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.
Para a protagonista de
" Formigas nos pés " , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal