logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Mercedes Leobalde

www.paquebote.com > Mercedes Leobalde

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-616-6956-1

Chamádeme Eva

Editorial: A.C. CALDEIRON   Fecha de publicación:   
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-823-6

Funambulistas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e, aínda que a teñamos, non podemos mantela definitivamente: a estabilidade é un agasallo vulnerable, sen garantías. Vivimos expostos a ventos e tempestades e dese xeito avanzamos pola corda inestable, as máis das veces sen rede.
Funambulistas é un libro de relatos –moitos deles ligados entre si– de ampla variedade de situacións, de circunstancias e de personaxes, nos que predomina a primeira persoa, a fin de que os protagonistas poidan expresarse con propia voz. Do dramatismo ao suspense, da denuncia ao humor, este libro de Mercedes Leobalde está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás, outras verdadeiramente excepcionais (o monxe en plena crise espiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada que reúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa do códice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enferma terminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida…).
Con Funambulistas, Mercedes Leobalde móstrase como unha hábil narradora para descifrar os camiños da vida.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal