logo paquebote
7 libros encontrados buscando autor: Mario Regueira

www.paquebote.com > Mario Regueira

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-938577-7-6

Las hojas muertas

Editorial: Pulp Books   Fecha de publicación:    Páginas: 178
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788496475281

169.TANXERINA.(POESIA).(XVIII PREMIO POESIA XOSEMARIA PEREZ)

Editorial: Espiral Maior   Fecha de publicación:   
Precio: 14,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

84-9782-091-6

Rebelión no inverno

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 12,40
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A partir do concepto de ?Rebelión?, Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de Rebelión no inverno están en estado de rebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasións ante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo. Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias de rebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno, inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistema socioeconómico. As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociais? pero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son tema recorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentes perspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar de incertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito de comunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade. Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitude manifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade para adaptala aos seus soños.


ISBN:

978-84-120762-0-2

MARCO LIVORNO «XIII Premio de poesía erótica Illas Sisargas»

Editorial: A.C. CALDEIRON   Año:   
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-634-6

Narrativa e imaxinario nacional «A reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 352
Formato: Rústica
Precio: 26,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia. Desta forma, a pesar do foco inicial no desenvolvemento da narrativa, a proposta do autor aborda a relación desta con outras producións, sinaladamente as de tipo ideolóxico, abordando a reconstitución dun campo literario galego e o papel normativo que neste proceso tomou a editorial Galaxia. Desde a conquista das institucións até a configuración dun marco ideolóxico, filosófico e historiográfico que predeterminou unha idea concreta do país e da súa literatura, Mario Regueira explora tamén os espazos de sombra que esas estratexias deixaron: as discrepancias co exilio, a ruptura das novas xeracións de autores, a débeda con filosofías de corte esencialista ou o papel de mediación que o proxecto culturalista chega a representar fronte á ditadura e algúns sectores do franquismo como características deste primeiro período da editorial.


ISBN:

978-84-9782-587-0

L'affiche rouge

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica, , 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

L’ affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai moito tempo ficou sen resolver polas xeracións precedentes. L’ affiche rouge é o retrato dunha xeración que vai ao encontro dunha realidade que non é a prometida, senón un mundo onde a propia identidade persoal é sometida a constantes negacións e agresións nun contexto globalizado e xerarquizado. Os protagonistas adoptarán unha serie de posturas distintas que van desde a completa inhibición até unha revolucionaria e gozosa celebración da diverxencia. Entroncando coa tradición do bildungsroman, ou novela de aprendizaxe, os personaxes atópanse inmiscuídos nun proceso de formación do que o fracaso e a ausencia dos referentes agardados é unha constante.


ISBN:

978-84-9914-361-3

O silencio

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 64
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente. É ademais unha xeografía tridimensional das guerras, cartografa a planicie na que se enfrontan os estados cos seus exércitos e descende aos abismos nos que os pobos, as minorías e as clases populares libran a súa particular batalla contra estes, espazos onde as fronteiras non existen ou se configuran dun xeito completamente diferente. O autor concibe este libro como unha estrema da súa propia produción poética, un punto de inflexión que deixa o camiño da súa escrita tocado e todas as posibilidades abertas.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal