9788484644453
O nacemento do dragón
Marie Sellier
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 01/01/2019 Páginas: 40Formato: 30 x 15 cm.
Antano, hai xa moito tempo, nos días en que non existían os dragóns, os homes, as mulleres e os nenos da China cazaban, pescaban e vivían en tribos baixo a protección de espíritos benévolos... Mentres en Europa o dragón é un animal misterioso e de reminiscencias malignas, en Asia é sinónimo de paz. Esta obra bilingüe galego-chinés mandarín, que combina literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polas nenas e nenos das diversas tribos da China.