logo paquebote
4 libros encontrados buscando autor: Manuel Rico Verea

www.paquebote.com > Manuel Rico Verea

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-408-3

Eu ben vin, virivín «Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Rústica cosido a fío, 18,00 x 20,00
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.



• Manuel Rico Verea (Autor/a). Manuel Rico (Boimorto, 1948). Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega. Este compromiso coa cultura propia lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas, así como sobre a música tradicional, atendendo á súa aplicación pedagóxica. É autor ou coautor de publicacións didácticas pioneiras como a «Guía didáctica de preescolar Puff» (1981), «Cantares» ou o nivel 4 de «O noso galego», editado por Xerais. En formato libro, de contido musical, publica o «Cancioneiro popular das terras do Tamarela», «Imos canta-los nadais», «Tantarantán, tarantán, tarantiña», «Eu non canto por cantar», cancioneiro xeral, «Heiche cantar un conto», cancioneiro infantil galego, «Cantos de berce» e, agora, «Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar» (Xerais, 2018).Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional que publica varios documentos sonoros, entre os que destacan «A pulguiña e o pulgón», «Cantares», «Arrolín, arrolán», «Vente vindo, ven cantando» e «Cantos de berce tradicionais». Pola súa actividade cultural na radio e na prensa, recibiu o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia., David Rodríguez (Ilustrador/a). David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014).Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012).Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Vieiros», «Altermundo», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal».No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>LIBROS ILUSTRADOS, LIBROS DE ACTIVIDADES Y MATERIAL DE APRENDIZAJE TEMPRANO>Aprendizaje temprano/conceptos de aprendizaje temprano>Aprendizaje temprano: rimas y juegos de palabras>Aprendizaje temprano: los versos y las rimas;IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>INFANTIL Y JUVENIL: NO FICCIÓN GENERAL>Música (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>MATERIAL DIDÁCTICO>Didáctica: música;Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 6 años;

• INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums.


ISBN:

9788471546869

CANCIONEIRO POPULAR DAS TERRAS DO TAMARELA. CULTURA POPULAR

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 171
Formato: Rústica, 20 x 13 cm.
Precio: 15,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

MUSICA. DANZA.



ISBN:

8445336835

CD ROM. CONVERSA CON RAMON PIÑEIRO

Editorial: Xunta de Galicia   
Formato: Rústica, 12 x 14 cm.
Precio: 5,74
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

LITERATURA: Hª, TEORIA, CRITIC



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal