logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: Manuel Iglesias Turnes

www.paquebote.com > Manuel Iglesias Turnes

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411100496

Os soños de Miguel

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Miguel é un mozo novo, orfo de nai, que será criado polos avós baixo unha disciplina férrea baseada na autoridade propia da ditadura franquista. Despois dun misterioso accidente sufrido polo pai, Miguel vese na obriga de levar o peso do traballo que se fai na casa duns bos labradores como son os de Branco. Con todo, el nunca deixa de soñar cun proxecto de vida que lle permita habitar a aldea dignamente. Nin o desengano amoroso, nin o tráxico acontecemento que lle cambia a vida conseguirán afastalo do camiño. Tras «As rapazas de Xan», un emotivo retrato do rural da Galicia de mediados do século XX, e «Que non te aten», un poderoso relato protagonizado por gandeiros, Manuel Iglesias Turnes escribiu «Os soños de Miguel», novela ambientada na década de 1970 para plasmar o momento en que Galicia pasaba do autoconsumo a figurar entre as zonas máis importantes de Europa en produción de leite.


ISBN:

978-84-9914-367-5

As rapazas de Xan

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.(*CR*)


ISBN:

978-84-9914-979-0

Que non te aten

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 280
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están os veciños da granxa de O Penedo cos que non se leva. A nai de Marcos ocúpase do muxido e dos traballos da casa, mentres que o seu irmán Daniel e a súa cuñada Iria van co portátil a todas as partes para non perder nunca o control do que sucede nas vacarizas. Os avós coidan da horta e María, a súa irmá, despois de rematar a carreira, prepara oposicións nunha academia de Compostela.
Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no que recuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dos anos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con este potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende a ollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súas vidas.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal