logo paquebote
19 libros encontrados buscando autor: MIGUEL VAZQUEZ FREIRE

www.paquebote.com > MIGUEL VAZQUEZ FREIRE

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9782-682-2

Anxos en tempos de chuvia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 13 x 21
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.


ISBN:

978-84-9782-632-7

Contos de Reis e de Nadal

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: Rústica, 13,50 x 19
Precio: 11,15
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Contos de Reis e de Nadal, libro escrito por Miguel Vázquez Freire e ilustrado por Xosé Tomás, contén na súa primeira parte catro contos de Reis (“A mañá do monstro”, “A Noite de Reis da Princesa”, “Marquiños quería un balón”, “Xandro e Tomé”) e, na segunda, outros tres de Nadal (“A viaxe de Fátima”, “O home que reconstruía a súa casa” e “O señor Scrooge tiña razón”). Nos do ciclo de Reis aparecen nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente si lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos. Nos contos do ciclo de Nadal, hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe. Sete contos, escritos co clasicismo narrativo do conto emotivo, sete portelos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia.


ISBN:

978-84-9782-609-9

Proxecto pomba dourada

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, –díxolle o inspector Lesoto–, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime».


ISBN:

978-84-9782-498-9

A malvada María Xosé

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío 13,50 x 19,00
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.(*CR*)Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.(*CR*)A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.(*CR*)


ISBN:

9788482888811

Estética e teatro

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 148
Formato: Rústica
Precio: 11,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Ainteracción entre estética e teatro deu lugar, ao longo da historia, a un amplo abano de reflexións e realizacións prácticas. Delas derivan os estilos escénicos que trazan diferentes camiños para configurar os mundos dramáticos. Desde Aristóteles ás últimas vangardas do século XX, esta relación foi sumamente fructífera, como mostra Miguel Vázquez Freire nun estudo no que se espoñen os principios básicos da estética teatral.


ISBN:

84-9782-077-0

Arredor da verdade

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 15,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

o autor presenta, modestamente, este breve ensaio como unha «miscelánea de comentarios». E, en efecto, na súa pescuda arredor do crucial concepto de verdade, Guillermo Domínguez recorre a un coidadoso e persoal exercicio de hermenéutica que lle leva a se enfrontar con textos (as veces, a penas frases) esenciais de Aristóteles, Schopenhauer, Platón, Hegel e Wittgenstein. Pero o resultado final é moito máis que unha simple miscelánea. Hai nestas apretadas liñas unha atrevida, orixinal e coherente proposta sobre a verdad e mesma que, lonxe de escepticismos paralizantes, se abre nunha afirmación de liberdade. Porque, como o propio autor sinala nas consideracións finais que pechan o ensaio, a procura da verdade é posible e nela atópase unha das claves da liberdade humana.


ISBN:

9788476605844

Angels en temps de pluja

Editorial: Bromera   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788479601317

Teleniños publicos y teleniños privados

Editorial: De la Torre   Fecha de publicación:    Páginas: 220
Formato: Rústica, 19 x 25 cm.
Precio: 10,82
Añadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

¿Cómo se relacionan los niños y los jóvenes con la televisión? este interrogante es el punto de partida del que arrancan los autores para abordar los problemas derivados del consumo de la oferta televisiva por parte de niños y jóvenes. Se impone la necesidad de que padres y educadores entiendan y orienten las relaciones de sus hijos y alumnos con la televisión y sus emisiones.


ISBN:

978-84-92630-44-8

XURXIÑO QUERE SER...

Editorial: Baia   Año:   
Precio: 7,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



<<<anteriores  [11-19]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2020 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal