logo paquebote
8 libros encontrados buscando autor: Luís Manuel García Mañá

www.paquebote.com > Luís Manuel García Mañá

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-679-7

Non fales o que non debes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. O vehículo de emerxencias, a policía, o forense e a titular do Xulgado número 3 están a carón do cadáver, que o observa todo. Nos informativos dábanse detalles da Operación Táchira que debían estar baixo segredo de sumario. Ao tempo, un xornalista que asina como Vagalume parece disposto a todo con tal de obter información. Que se agocha detrás da vida de cadaquén? Ten iso algo que ver co sentido ético? Os personaxes desta novela presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar se penetramos nos seus segredos.


ISBN:

84-8302-944-8

Menino morreu

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 16,64
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O enxeñeiro de minas Arthur Bettón e o seu axudante, desprazados en 1958 ao Couto Mixto na procura dunha suposta veta aurífera, son asasinados e os seus cadáveres expoliados moi preto do Penedo do Chelo, na Serra de Pena, lindeira entre as terras portuguesas do Barroso e as galegas do río Salas. Nemesio Castro, un mozo que que anos atrás traballara ao servicio do goberno civil de Ourense, deberá retornar do Brasil e tentará desanoar o novelo de tan extraños crimes. Menino morreu, a segunda entrega da serie iniciada con O lume do Santo Antón e protagonizada polo detective decimónico Nemesio Castro, é unha trepidante novela de intriga, onde se mesturan amores e envexas. Unha novela que recupera e pon en valor a memoria histórica e o valor das xentes do Couto Mixto, ese enclave de liberdade, independente dos estados español e portugués, formado polo pequeno territorio das parroquias de Santiago, Rubiás e Meaus.


ISBN:

84-8302-143-9

O lume de Santo Antón

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 13,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 2ª Edición



ISBN:

84-9782-325-7

Couto Mixto «Unha república esquecida»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Cartonado, 20,50 x 27,00 cm.
Precio: 51,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza políti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.


ISBN:

978-84-9914-920-2

Por que as sombras non teñen ollos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísma novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: “De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense” (1986), “La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense” (1988), “Miño: ¿Existiu unha fronteira?” (1993), “As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio” (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro “Couto Mixto, unha república esquecida” (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: “As plumas do moucho” (1999); “O lume de Santo Antón” (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); “Menino morreu” (Xerais, 2003), “O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; e “Por que as sombras non teñen ollos” (Xerais 2015).


ISBN:

9788499141190

O grito do Ipiranga

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policía con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un poderoso facendeiro do Val do Paraíba. Os fíos das vidas de ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e abortar o crime político preparado polo Piquete Brasileiro Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e Vasconcelos.(*CR*)Tras O lume de Santo Antón e Menino morreu, as dúas primeiras novelas protagonizadas por Nemesio Castro, O grito do Ipiranga, demostra a intelixencia e minuciosidade investigadora deste predetective decimonónico para desenredar as máis complexas intrigas e crimes políticos. Sen dúbida, esta é a novela máis lograda e de lectura máis engaiolante dunha serie considerada como a máis orixinal da nosa narrativa policial. (*CR*)


ISBN:

978-84-290-1741-0

REFLEXIONES Y EXPERIENCIAS DE UN JEFE DE POLICIA

Editorial: MARES DE LIBROS   Año:   
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal