logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: López Taboada, Carmen

www.paquebote.com > López Taboada, Carmen

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9782-740-9

Dicionario de Fraseoloxía Galega

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 672
Formato: Cartonado, 15,50 x 21,50 cm.
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da “clave” identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da “frase” diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de “significado” preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo “texto”, proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.


ISBN:

978-84-9121-776-3

Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 1550
Formato: Cartoné
Precio: 39,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este Dicionario fraseolóxico bilingüe galego-castelán e castelán-galego, da autoría de Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a clave, a frase, o texto, o significado e a(s) correspondencia(s) no outro idioma. No campo da clave identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase: o substantivo (con frecuencia, o primeiro en aparecer na orde de lectura), ou de non habelo, o verbo, o adxectivo e o adverbio. No campo da frase diferénciase frecuentemente entre núcleo e determinados elementos da contorna e proporciónase un certo número de variantes. No campo texto, facilítase un exemplo de uso documentado, extraído de diversos corpus lingüísticos e de font es literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. No campo do significado preséntase a definición da entrada, enriquecida por información pragmática, metalingüística. No campo das correspondencias achéganse unha ou varias frases que serven para verter ese valor fraseolóxico da entrada no outro idioma. No caso do castelán, dáse prioridade ao español peninsular e só excepcionalmente se enriquece ese campo co español de América. Este Dicionario fraseolóxico bilingüe está deseñado coma unha fonte de recursos e de coñecemento idiomático útil para os falantes e para os usuarios de diferentes ámbitos (académicos e profesionais) tanto galegos coma non galegos.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal