logo paquebote
7 libros encontrados buscando autor: José Carballude

www.paquebote.com > José Carballude

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788440303912

Os enredos de Olalla

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 7,25
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Olalla é unha nena pequerrechiña, á que lle encanta arremendar os sons dos animais. un día, por non querer comer, puxéronselle en folga os membros do corpo.


ISBN:

9788440305152

O talismán dos druídas

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

O Consello de Anciáns dos Nerios, habitantes do castro de Amarelle, mira con preocupación cara ó futuro ante o proximo ataque do pobo romano. O cego druída Arístides, para estaren preparados ante os invasores, propón recuperar o talismán desaparecido coa ntervención do mozo Kanerez, que deberá superar tres probas para demostrar que el é o elixido.


ISBN:

9788440312006

Andainas de Pedro Chosco

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 80
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradición e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira páxina, o lector fica enganchado a unha historia que engaiola non só pola trama argumental, narrada con habelencia e engado, senón tamén pola riqueza léxica, moi salientable neste autor, e tamén pola fantasía por veces desbordante. En fin, estamos perante un libro que, de seguro, nos permitirá vivir moitos momentos entretidos.


ISBN:

9788440309273

Romaxe de desventuras

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Á vila de Leiroso chega un veciño a quen ninguén vía dende había dez anos. En contra do que poida parecer, a súa visita non é causa de alegría nin para a familia nin para os coñecidos. Máis ben, este encontro o que provoca é un gran desacougo en case todas as persoas que se cruzan no seu camiño.

O visitante é o espírito de Lisardo Novo, morto dez anos atrás por levar unha vida pouco saudable, que regresa ao mundo dos vivos para cumprir unha misión moi concreta: peregrinar a San Andrés de Teixido porque, como todos sabemos, ?vai de morto quen non foi de vivo?.

No camiño van xurdindo unha serie de situacións divertidas, que son unha metáfora irónica do comportamento e do sentir do ser humano.


ISBN:

9788440311184

Xograres dun tempo novo

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Xograres dun tempo novo é unha historia de amor tráxico. Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas.
Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entre o rural e o urbano, entre a aldea e a cidade, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras e artes como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís. Francisca Porta rememora este pasado vivencial que tamén lle axuda a levar mellor as feridas magoantes da vida.
Novela de actualidade que ten un dobre obxectivo: facer xustiza coa memoria e descubrirlles ós mozos anacos esquecidos da nosa historia.


ISBN:

9788440311382

Andrea quere ser maior

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Andrea ten un gran soño: quere ser maior. Os números e as letras, e todo o que con eles se pode representar, van axudarlle a percorrer o camiño. A súa capacidade para loitar por ver cumprido o seu obxectivo fará que supere con éxito calquera tipo de obstáculo.


ISBN:

9788440304186

A historia do home-can

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 88
Formato: Rústica
Precio: 9,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos. Nun deles coñece un indíxena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun elixir da súa invención. O señor Dos Santos, engaiolado pola idea de recuperar a mocidade, dálle instruccións para que lle faga chegar á casa a apócema milagreira. Logo dun tempo recibe o elixir e, sen perder un minuto, bebe a dose necesaria para perder uns cantos anos. Pero o resultado non é o esperado e o señor Dos Santos en lugar de ver reflectido no espello o corpo dun rapaz, atópase coa imaxe dun can. Malia o seu desconcerto e desesperación, le con atención a etiqueta do envase e nela descobre o porqué do novo estado: mesturara a apócema con alcohol.
Asustado, sae á rúa na procura de axuda e o único que recibe son traizóns reaccións oportunistas e incredulidade.
Para recuperar a súa aparencia hai un único camiño posible: cambiar a súa actitude ante a vida.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal