logo paquebote
5 libros encontrados buscando autor: Ignacio Vidal Portabales

www.paquebote.com > Ignacio Vidal Portabales

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-563-1

Dióxenes en Dolorida

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: Rústica
Precio: 19,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Dióxenes en Dolorida, novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra as peripecias dun personaxe singular ––misóxino e excesivo–– que chega a unha cidade costeira, Dolorida, tras un fracaso amoroso; vai fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado natural. Todos adoitan frecuentar Praceres, un establecemento orixinal que ten especial interese para as mulleres de Dolorida. A novela, escrita cun estilo áxil e directo e co humor como elemento destacado, ofrece unha visión desenfadada das relacións de parella. Gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2012, a xuízo do xurado salienta “pola orixinalidade na construción do personaxe protagonista e pola recreación dun ambiente que flutúa entre o real e o paródico”.


ISBN:

978-84-9151-950-8

Illas remotas. Premio García Barros 2022

Editorial: GALAXIA   Año:   
Formato: Rústica
Precio: 17,39
Añadir a la cesta


ISBN:

9788411100489

Sangue no dron

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro...


ISBN:

978-84-9121-126-6

O inspector e mais eu

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 320
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro.
A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende.
As pretensións amorosas da protagonista –contadas en clave de humor– son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico.
Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.


ISBN:

978-84-9121-745-9

Lara e Sabela

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras. Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio.
Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicas dun xeito creativo, ilegal e arriscado. Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal