9788491215004
Valentes. Un proxecto para a Igualdade «Proxecto Interésame! 2019»
Iglesias García, María Jesús;Fernández Gómez, María
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 27/02/2019 Páginas: 76Formato: 30 x 21 cm.
Non hai nada máis normal que ser diferente. As persoas valentes non sempre fan ruído, pero son multitude, e cómpre que sexan ben visibles: cando berran ou calan, cando senten, triunfan ou padecen, cando constrúen camiños de igualdade e diversidade, cando defenden o dereito a ser diferentes e capaces, sen prexuízos, cando lles dan voz aos seus corazóns con latexos de afouteza, respecto, compromiso, reflexión... Transmitir que a diversidade suma e as diferenzas enriquecen forma parte desta proposta didáctica. Un proxecto coeducativo plural e inclusivo baseado en aprendizaxes respectuosas de convivencia e en metodoloxías activas.
Porque somos diferentes...
pero non desiguais!