Editorial: Xerais Fecha de publicación: 16/01/2020 Páginas: 176 Formato: Rústica
Precio: 12,50 €
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.
Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos.
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 12/09/2019 Páginas: 200 Formato: Rústica Fresado, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 17,30 €
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... os perigos espreitan. Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente.