logo paquebote
14 libros encontrados buscando autor: Héctor Cajaraville

www.paquebote.com > Héctor Cajaraville

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101240

Xestas olímpicas «Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles. O elemento en común dos relatos que conforman estas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiración e estímulo á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a súa afección, a súa paixón... Ou, por que non, o seu modo de vida.


ISBN:

978-84-9914-931-8

De remate

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) é xornalista e desenvolveu a súa actividade en medios de comunicación como La Voz de Galicia e De Luns a Venres, e en gabinetes de comunicación de entidades e institucións como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a USC ou o Concello de Santiago. Desde 2011 dedícase tamén a tarefas de corrección para diversos selos editoriais. É coautor do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Xerais, 2014) e De remate é a súa primeira novela (Premio Xerais de Novela, 2015).


ISBN:

9788411103077

Moita froita

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 24
Formato: 16 x 16 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A profe Lola/ trouxo froita para a escola...

Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan en galego, portugués, castelán e inglés.


ISBN:

9788411102292

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 88
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.


ISBN:

9788411100458

Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 96
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas Saudade e Vieiros. Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.



LETRAS GALEGAS 2022


ISBN:

978-84-9121-462-5

Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, que percorremos nestas páxinas, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo e a teimosía se impoñen ás adversidades; de como a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas.


ISBN:

978-84-9121-632-2

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas. Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.


ISBN:

978-84-9121-379-6

Nova Nursia

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 344
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos. No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto.
" Nova Nursia "
é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.


ISBN:

978-84-9121-410-6

Kusuma

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. ''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.


ISBN:

978-84-9121-127-3

A caixiña dos rancores «Vidas cruzadas»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 328
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.



[1-10]  [11-14]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal