84-8302-321-0
Contos de Grimm
Grimm, Jacob; Grimm, Wilhelm; Rodríguez Baixeras, Xavier (Trad.)
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 03/12/1998 Páginas: 240Formato: Cartonado 23,50 x 31 cm.
Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada
" Teoría do final feliz "
e remata cun emotivo
" Lembranzas dos irmáns Grimm " , escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos,
" O lobo e os sete cabritos "
e
" Os músicos de Bremen " . Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de
" Nabiña "
e
" Os mensaxeiros da morte " . Silvia Blanco de
" O fiel Xoán "
e
" Os mensaxeiros da morte " . Tino Gatagán de
" Hänsel e Gretel "
e
" Brancaneves " . Javier Zabala de
" O pescador e a súa muller "
e
" A viaxe de Polgariño " . Pablo Díaz de
" O xastriño valente "
e
" Brancaneves e Rosavermella " . Miguel Calatayud de
" A Cincenta "
e
" O paxaro de ouro " . Jesús Gabán de
" Carapuchiña Vermella "
e
" A Bela Dormente " . Federico Delicado de
" Os seis cisnes "
e
" A raíña das abellas " . Por último, María Jesús Santos de
" Polgariño "
e
" A laverca cantareira e saltareira " . Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato,
o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.