978-84-15250-16-6
1984 (Edic. anterior)
GEORGE ORWELL
Editorial: Faktoría K de Libros Fecha de publicación: 01/07/2011 Páginas: 320Formato: , 20,5 x 13,5 cm.

Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes. Ilustración de portada: Adrià Fruitós