logo paquebote
88 libros encontrados buscando autor: FERRIN

www.paquebote.com > FERRIN

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-8302-359-8

Poesía enteira de Heriberto Bens

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: Rústica, 13 x 19 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X. L. Méndez Ferrín. Poesía enteira de Heriberto Bens é unha obra de carácter civil, composta por poemas elexíacos dirixidos maiormente a figuras senlleiras do noso pasado, que plasma as inquedanzas do autor en canto á renovación formal e técnica do panorama poético galego da época. O conxunto resulta dunha beleza e competencia lingüística extremada.


ISBN:

84-8302-369-5

No ventre do silencio

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela:
" Cada xeración deberá fabricar a súa cidade "
(Antonio Sant´Elia) ,
" Permitín á cidade entrar na miña mente "
(John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro
" Troianos Redivivos "
(Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º;
Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956.
No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.


ISBN:

978-84-9121-507-3

Antón e os inocentes

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impronunciable dun conflito latente. Este libro é a historia de dous mozos que emprenden unha viaxe cara ás sombras da que é imposible regresar.


ISBN:

978-84-9121-489-2

Con pólvora e magnolias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica cosido a fío, 14,50 x 21,00
Precio: 11,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos.
Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario renovador, intenso, poderoso.


ISBN:

84-9782-127-0

O crepúsculo e as formigas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É o intre do crepúsculo.
Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos.
Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente.
Os homes son coma formigas, na vila sen nome.
E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.


ISBN:

84-9782-128-9

Arraianos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.
A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX; a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36; a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta.
Ó servicio dunha relativa unidade temática, pretendida na común referencia espacial do conxunto, Méndez Ferrín emprega técnicas narrativas -ritmos, puntos de vista, construccións- moi diversas, ademais de facer un uso intencionado de formas dialectais do galego arraiano ou mesmo portugués estándar.
Un arraiano, de Vilanova dos Infantes, non podía ser de outra forma, lévanos deica terras escravas onde a xente mira con ollos vacunos e avultados. Xente coa que, por algunha razón, é preciso ter moito coidado.


ISBN:

84-9782-252-8

Amor de Artur

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

9ª Edición
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.


ISBN:

84-9782-246-3

Crónica de nós

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego insoportábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de desespranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis contra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendo as rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aínda que ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda.


ISBN:

978-84-9782-399-9

Contra Maquieiro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 80
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou a Maquieiro, o poemario estrutúrase en catro partes longas e fermosas:


ISBN:

978-84-9782-610-5

Bretaña, Esmeraldina

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 448
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e das notas.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal