logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Díaz Martínez, Carlos; Bragado Rodríguez, Manuel; Álvarez Limeses, Xerardo

www.paquebote.com > En gallego > A memoria de Mondariz-Balneario

ISBN:

8497820231

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Cartonado 21 x 25,70 cm.
Precio: 9,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral.A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Álvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia", editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal