logo paquebote
9 libros encontrados buscando autor: Carlos Negro

www.paquebote.com > Carlos Negro

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788418567056

ESTRITA NECESIDADE

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 102
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta

Versos e fotografía compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada por Benxamín Otero. Os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.


ISBN:

9788495625779

130.HELERIS (POESIA)

Editorial: Espiral Maior   Fecha de publicación:   
Precio: 11,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9121-796-1

Non cantan paxaros neste bosque

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar...
Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sofá preferido. É a hora de experimentar o pracer nada culpable do medo. Porque neste bosque de relatos os paxaros non cantan. E o misterio segue aí, a agardar por nós, como unha pantasma familiar, como un desasosego que nos leva de viaxe ao territorio do alén.


ISBN:

978-84-9121-413-7

Aplicación instantánea

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.
Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.
Síguenos en Instagram:
@aplicacion_instantanea


ISBN:

9788497825535

Makinaria

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 80
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.


ISBN:

978-84-9914-982-0

Masculino singular

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 88
Formato: Rústica, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.
Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo.


ISBN:

978-84-9914-607-2

Penúltimas tendencias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 80
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.
Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.



ISBN:

978-84-945967-7-3

TUNDRA XVI PREMIO POESIA FOZ VERGARA VILARIÑO

Editorial: Espiral Maior   Año:   
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días



[1-9]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal