logo paquebote
8 libros encontrados buscando autor: Camilo Nogueira

www.paquebote.com > Camilo Nogueira

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788484872207

A ROTA DO SOL. Unha mirada no que pasa

Editorial: LAIOVENTO (IBD)   Fecha de publicación:   
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788498650907

Europa, o continente pensado

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 370
Formato: Rústica
Precio: 23,25
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. A súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas.


ISBN:

9788498650631

Galiza na Unión. A porta atlántica

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 22,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións políticas alleas. En Galiza na Unión. A porta atlántica trátase da admirábel resposta da sociedade galega, dispondo agora dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español. Unha sociedade preparada para unha vida política aberta e independente. A través do camiño que ía de Europa en dirección a Compostela, Galiza estivo presente nas orixes da identidade do continente. George Steiner fala da relación entre a humanidade europea e a paisaxe moldeada polos pés e as mans, pondo o percorrido dos peregrinos como paradigma das distancias a escala humana, dos horizontes enxergados andando.


ISBN:

8483027631

A memoria da nación «O reino de Gallaecia»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 328
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,60
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Camilo Nogueira, un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego e actual deputado do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Europeo, defende, nesta primeira entrega da colección XERAIS ENSAIO que a memoria da nación necesita ser recuperada para o futuro de Galiza, para evitar cair no esquecemento antes de ter sucedido. Unha memoria da nación constituída pola tradición histórica ou conxuntos dos trastornos históricos acumulados que lle deron a Galiza un carácter diferenciado e pola estructuración contemporánea da vontade política nacional. Esta recuperación, na opinión de Nogueira, esixe a crítica da ideoloxía española que deturpa o pasado común dos pobos peninsulares e lle dá un carácter determinista á existencia do propio Estado na súa forma actual. A crítica da ideoloxía española, baseada na idea de España como unha realidade política unitaria desde o tempo romano e godo, na interpretación da Idade Media como un proceso que conduciría necesariamente á hexemonía de Castela e na concepción do Estado español como unha unidade procedente do século XV, son pezas centrais deste ensaio de Nogueira. Para o autor, a historiografía español nega a tradición romana, sueva, galega e portuguesa do occidente da península, ocultando particularmente Gallaecia como principal reino cristián ante Al-Ándalus, ignora o carácter e os intereses extrapeninsulares das dinastías que durante a Idade Moderna gobernaron o territorio español como un patrimonio persoal e non recoñece que nos séculos XIX e XX as nacións periféricas presentaron diferentes e lexítimas propostas políticas para construír un estado plurinacional.


ISBN:

978-84-9121-468-7

Unha nación no mundo «A razón resistente (1480-2010)»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 720
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 33,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.


ISBN:

978-84-9914-349-1

Para unha crítica do españolismo «Estados e nacións»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 240
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de España atribuída ás virtudes e á superioridade de Castela. O terceiro, «O tempo político dos trobadores», aborda o marco político de consolidación do galego como lingua de cultura e administración entre os século XII e XIV. O cuarto, «Sobre a Historia General de España de Modesto Lafuente», critica a interpretación que inspira as ideas tópicas sobre o carácter do Estado español como nación. O quinto, «O españolismo historiográfico no tempo constitucional», examina o estado desa ideoloxía no tempo posterior a 1978. O derradeiro, «O intérprete supremo», analiza a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, que fecha as vías de recoñecemento da diversidade nacional abertas nas pasadas décadas. Unha posición que contrasta coas decisións tomadas polas institucións do Estado español ante o ingreso na Comunidade Europea e o desenvolvemento da Unión Europea, cando decidiron a transferencia de competencias en materias expresamente definitorias de carácter e da soberanía estatal.


ISBN:

978-84-9782-429-3

A terra cantada

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 408
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Camilo Nogueira ofrece n’ A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , “O comezo do mundo”, o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, “Provincia ou nación” (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, “A memoria e a amnesia” (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, “Unha revolución histórica” (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, “O imperio declinante” (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década).
Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.


ISBN:

978-84-608-9051-5

PENSAR GALICIA PENSAR O MUNDO

Editorial: FUNDACION OTERO PEDRAYO   Año:    Páginas: 112
Precio: 22,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal