logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Benedetti, Mario; Pillado Maior, Francisco

www.paquebote.com > En gallego > Pedro e o capitán

ISBN:

84-9782-016-9

Pedro e o capitán

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 10,10
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

«Pedro e o capitán» de Mario Benedetti, a pesar de ser concibida nun principio como unha novela, que o autor pensaba titular «O cepo», acabou sendo unha obra de teatro publicada en 1979. A presente versión en lingua galega, preparada por Francisco Pillado Maior, foi estreada na Coruña en 1993 polo G.T. de Amnistía Internacional. A obra constitúe un intento de comprensión da tortura, unha das manifestacións da violencia enxendrada por sistemas políticos represivos. Unha obra de teatro con dous únicos personaxes, o capitán (un militar torturador) e Pedro (un preso político torturado), que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos da obra están situados nunha sala de interrogación. A historia dun conflito que vai máis aló do meramente ideolóxico.O propio Benedetti advirte no seu prólogo que «esta peza constitúe unha indagación dramática na psicoloxía dun torturador. Algo así como a resposta a por que, mediante que proceso, un ser normal pode converterse nun torturador. A obra non presenta o enfrontamento dun monstro e dun santo, senón de dous homes, dous seres de carne e óso, ambos coa súa parte de vulnerabilidade e de resistencia. A distancia que hai entre eles é, sobre todo, ideolóxica, e, aí radica, talvez a clave doutras diferencias, que abranguen a moral, o ánimo, a sensibilidade perante o sufrimento humano, o complicado traxecto que media entre o valor e a covardía, a pouca ou moita capacidade de sacrificio, a fenda existente entre a traizón e a lealdade.» Mario Benedetti non pretende presentarnos a un torturador malnacido e desgraciado e a un torturado honorable, senón que pretende obxectivizar a situación fuxindo do maniqueísmo: é o enfrontamento de dous seres humanos. Así o autor uruguaio conclúe o prólogo da obra afirmando que «temos que recuperar a obxectividade como unha das formas de recuperar a verdade, e temos que recuperar a verdade como unha das formas de merecer a vitoria.»



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal