9788413430775
Facer dedo
Karsten, Guilherme;Ballesteros, Xosé
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 26/05/2021 Páginas: 36Formato: 25,5 x 27,5 cm.
«Facer dedo» é unha historia disparatada, unha aventura chea de humor e situacións hilarantes que transcorre a bordo
dun automóvil ao que se van incorporando peculiares pasaxeiros.
Un texto rimado presenta a un surfista que se prepara para ir
á praia coa súa táboa. O resultado deste libro
de Guilherme Karsten é un relato acumulativo, con moito ritmo
e sonoridade, e cun esquema circular que culmina nun final
sorprendente e aberto. A proposta gráfica, que transcorre de forma liñal, destaca
polo colorido das escenas e polos contrastes cromáticos
no marco dunha estética urbana, alegre e desenfadada.