logo paquebote
17 libros encontrados buscando autor: Anxo Fariña

www.paquebote.com > Anxo Fariña

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-503-5

Os ecos do lume

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto.
Pero iso vai cambiar.
Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre.
E isto é o principio.
Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.


ISBN:

978-84-9121-298-0

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné, 14 x 21 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?



• Anxo Fariña (Autor/a). Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros “A chave da Atlántida” (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie “Os Megatoxos”, “Horizonte de sucesos” (2016), "4 xinetes" (2017) e a serie "Gliz" (2017) para primeiros lectores. Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/, Anxo Fariña (Ilustrador/a). Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros “A chave da Atlántida” (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie “Os Megatoxos”, “Horizonte de sucesos” (2016), "4 xinetes" (2017) e a serie "Gliz" (2017) para primeiros lectores. Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos de aventuras (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 11 años;

• INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>Megatoxos.


ISBN:

978-84-9121-283-6

O pintor de flores

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Cartonado, 16,00 x 16,00 cm.
Precio: 10,10
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da familia Nube? Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.


ISBN:

978-84-9121-282-9

Onde está Nubebebé?

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Cartonado, 16,00 x 16,00 cm.
Precio: 10,10
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: “Viches a Nubebebé?”, pregunta a quen encontra ao seu paso. Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.


ISBN:

978-84-9121-177-8

4 xinetes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 384
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 16,89
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse


ISBN:

978-84-698-3335-3

4 jinetes

Editorial: Anaya Infantil y Juvenil   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Quizá nunca lo hayas pensado.
Quizá nunca te hayas planteado que algo así pueda ocurrir.
Así que inténtalo. Intenta imaginar por un momento qué sentirías si un día descubres que vas a ser el causante de la muerte de seis mil millones de personas.
Imagina que eres un Jinete del Apocalipsis.


ISBN:

978-84-9121-015-3

Horizonte de sucesos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica cosido a fío, 14,00 x 21,50
Precio: 15,25
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tiña dezaoito anos e estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de Belas Artes cando entrou como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Naquel ambiente de aire decadente e escuro, envelenado polo cheiro da fábrica monstruosa, ocorreu o incidente do que aparentemente non houbo testemuñas.
Deixándose levar polas dores da “migraña”, o educador rememora o horizonte daquel suceso tráxico que lle deixará marcas perturbadoras capaces de variar o seu rumbo.


ISBN:

978-84-9914-733-8

Os Megatoxos e o dragón de xade

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Cartoné
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado. Chegarán a tempo para impedir que unha moza case por obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia de gran poder. Iso, se unha perigosa banda de ninjas ou un misterioso dragón, non aparecen para mudalo todo. Loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos, amor, traizón... e un Toxo mutante que garda unha chea de sorpresas.


ISBN:

978-84-9914-533-4

Os Megatoxos e os Templarios da Luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes.
O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos.
Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría.
Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira...
Ti que escollerías?


ISBN:

978-84-9914-496-2

A chave da Atlántida

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 11,70
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.



[1-10]  [11-17]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal