logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: Anxo Angueira Viturro

www.paquebote.com > Anxo Angueira Viturro

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9782-880-2

Rosalía 21

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Cartonado, 14,50 x 20,50 cm.
Precio: 24,25
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anxo Angueira, ten tres principais realizacións, as tres complementarias: un espectáculo audiovisual baseado na imaxe e na palabra, na poesía e na música; un disco coas gravacións base dese espectáculo e o presente libro. Os tres soportes participaron coordinadamente dun repertorio temático común que tiñan que ver con nove grandes eixos temáticos: a terra, a casa, a emigración, a muller, a sombra, os miserábeis, a revolución, a alborada e Rosalía poeta nacional.
No presente libro, para cada apartado propúxoselle a unha persoa a realización dun ensaio. Así Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda realizou dúas achegas biográficas; María López Sández aborda “Rosalía e a paisaxe galega”; Iria Sobrino Freire analiza “Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia”; Nancy Pérez Rey estuda “Rosalía de Castro e a emigración. A poeta e Cuba”; Xabier Cordal Fustes revisa as estratexias políticas da autora no traballo “Rosalía de Castro: un método para a liberación”; Daniel Salgado é autor de “Corazón de aceiro: cinco notas sobre o político en Rosalía de Castro”; María do Cebreiro escribe sobre “Rosalía de Castro ou a produción do infinito”; Iago Castro Buerguer fala de “Rosalía de Castro: transgresión e feminismo”; María Reimóndez estuda as traducións e recepción de Rosalía fóra de Galicia; e, por último, Anxo Angueira, editor do volume escribe o traballo “Algunhas visións de Rosalía de Castro”, onde se intenta ofrecer unha sucinta visión das consideracións que historicamente se fixeron de Rosalía, como escritora e icona. O libro inclúe, ademais, unha viaxe fotográfica preparada por Uqui Permui, que tamén se ocupou do deseño e maquetación do libro. As traducións foron realizadas por Xabier Xil Xardón (español), María Reimóndez (inglés) e Emma Lázare e Denise Peyroche (francés).


ISBN:

978-84-9782-611-2

Fóra do sagrado

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 64
Formato: Rústica, , 14,50 x 22 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigo como centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas da memoria política do autor; o texto é un único poema en que se dilata e se fragmenta, se prende e se leixa, se fía e desenfía arredor de Vigo. Arredor dos múltiples Vigo, pois “Fóra do sagrado” fálanos dun Vigo que, a pesar da súa centralidade, resulta moitas veces contracanónico, arraiano, exterior, maldito, irredutible. E fálanos de Vesteiro Torres e Martín Códax, de Lavadores e do Berbés, dun Vigo de Rosalía de Castro e de Rotbaf Luden, do 36 e do 72, de Bembrive e de Príncipe, o Vigo dos trasantlánticos e o dos cabalos bravos do Galiñeiro. En definitiva, Vigo asalta o papel protagonista que para o autor merece na paisaxe literaria de Galicia.


ISBN:

978-84-9914-362-0

Iria

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 328
Formato: Rústica
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.(*CR*)Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.(*CR*)Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal