logo paquebote
8 libros encontrados buscando autor: Anxo Angueira

www.paquebote.com > Anxo Angueira

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9782-880-2

Rosalía 21

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Cartonado, 14,50 x 20,50 cm.
Precio: 24,25
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anxo Angueira, ten tres principais realizacións, as tres complementarias: un espectáculo audiovisual baseado na imaxe e na palabra, na poesía e na música; un disco coas gravacións base dese espectáculo e o presente libro. Os tres soportes participaron coordinadamente dun repertorio temático común que tiñan que ver con nove grandes eixos temáticos: a terra, a casa, a emigración, a muller, a sombra, os miserábeis, a revolución, a alborada e Rosalía poeta nacional.
No presente libro, para cada apartado propúxoselle a unha persoa a realización dun ensaio. Así Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda realizou dúas achegas biográficas; María López Sández aborda “Rosalía e a paisaxe galega”; Iria Sobrino Freire analiza “Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia”; Nancy Pérez Rey estuda “Rosalía de Castro e a emigración. A poeta e Cuba”; Xabier Cordal Fustes revisa as estratexias políticas da autora no traballo “Rosalía de Castro: un método para a liberación”; Daniel Salgado é autor de “Corazón de aceiro: cinco notas sobre o político en Rosalía de Castro”; María do Cebreiro escribe sobre “Rosalía de Castro ou a produción do infinito”; Iago Castro Buerguer fala de “Rosalía de Castro: transgresión e feminismo”; María Reimóndez estuda as traducións e recepción de Rosalía fóra de Galicia; e, por último, Anxo Angueira, editor do volume escribe o traballo “Algunhas visións de Rosalía de Castro”, onde se intenta ofrecer unha sucinta visión das consideracións que historicamente se fixeron de Rosalía, como escritora e icona. O libro inclúe, ademais, unha viaxe fotográfica preparada por Uqui Permui, que tamén se ocupou do deseño e maquetación do libro. As traducións foron realizadas por Xabier Xil Xardón (español), María Reimóndez (inglés) e Emma Lázare e Denise Peyroche (francés).


ISBN:

8483029235

A morte de A.

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 14,35
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Un rapaz anónimo escribe unha longa carta ao director dun xornal, pautada en trinta unha entregas, na que confesa ser o autor da morte de A., unha moza belísima de longos cabelos derrotados en ondas. Os sucesos dun negocio de lixivia ilegal, a busca dunha nota onde se transcribiu unha estrofa dun dos poemas da Quinta Folla de Resistencia Poética e a vida dunha célula clandestina de mozos resistententes mergúllanos na memoria dos primeiros anos da reforma Política en Compostela e nas terras da Arousa e do Barbanza. Esta novela de formación, esta narración enchida de intriga, fermosa homenaxe ao xénero do folletín que explorou Eça de Queirós, é o retrato movido e aberrante dun tempo, onde as paisaxes de verán, as noites de discoteca, as viaxes iniciáticas e un apaixonante conflicto amoroso, baten constantemente no labirinto dos libros e da literatura de noso.


ISBN:

84-8302-086-6

Bagoas de facer illas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Precio: 11,10
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. Premio Café Dublín, 1996


ISBN:

84-8302-467-5

Pensa nao

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política. Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais,
" Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente " .


ISBN:

978-84-9121-566-0

Rexurdimento: a palabra e a idea

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 400
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l'idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o «Rexurdimento» se compara.
Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripecia tanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que leva aparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico que vincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clave na emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.


ISBN:

978-84-9782-611-2

Fóra do sagrado

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 64
Formato: Rústica, , 14,50 x 22 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigo como centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas da memoria política do autor; o texto é un único poema en que se dilata e se fragmenta, se prende e se leixa, se fía e desenfía arredor de Vigo. Arredor dos múltiples Vigo, pois “Fóra do sagrado” fálanos dun Vigo que, a pesar da súa centralidade, resulta moitas veces contracanónico, arraiano, exterior, maldito, irredutible. E fálanos de Vesteiro Torres e Martín Códax, de Lavadores e do Berbés, dun Vigo de Rosalía de Castro e de Rotbaf Luden, do 36 e do 72, de Bembrive e de Príncipe, o Vigo dos trasantlánticos e o dos cabalos bravos do Galiñeiro. En definitiva, Vigo asalta o papel protagonista que para o autor merece na paisaxe literaria de Galicia.


ISBN:

978-84-9782-719-5

A espiral no espello «Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 704
Formato: Rústica cosido a fío 13,00 x 21,00
Precio: 39,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político. O autor analiza con detalle a complexa estrutura da novela, cos seus niveis narrativos, rastrexando os modelos literarios que a conforman, para logo reflexionar sobre as diferentes poéticas que nela se manexan: a dun protagonista, Amaury, preso político bretón na cadea de Príncipe en Tagen Ata, que procura a identidade, a poética da lectura e da escritura (texto e entrelazo), a da ficción (espello) e a do regreso (espiral). Anxo Angueira remata facendo fincapé na importancia desta novela a respecto do nacemento do independentismo político, da vixencia da Nova Narrativa e dunha toma de posición en defensa da autonomía do campo literario como camiño para a consolidación da literatura galega como literatura nacional.


ISBN:

978-84-9914-362-0

Iria

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 328
Formato: Rústica
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.(*CR*)Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.(*CR*)Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal