logo paquebote
4 libros encontrados buscando autor: Antonio Tizón

www.paquebote.com > Antonio Tizón

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102391

Lobos doentes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 328
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión.
Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas doentes que loitan pola supervivencia, débelle o título ao poema de Rosalía «A xusticia pola man». Antonio Tizón aproveita este contexto para afondar na temática recorrente da vinganza, enlazada co 11-M como marco histórico da trama, e volve incidir, como en obras anteriores, na impunidade do poder fronte ao crime ou na confusión entre a loucura e a maldade. Aínda que agora, en «Lobos doentes», a narración intenta tamén descifrar a escuridade que rodea certas tendencias sexuais.


ISBN:

9788491217015

Os incurábeis

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se repiten días despois no mesmo barrio da Coruña. Botando man da novela negra e da novela psicolóxica, Antonio Tizón ofrécenos unha historia na que se formulan preguntas coma estas: que facer coas persoas que padecen enfermidades mentais graves? Teñen cura ou son incurábeis? Son persoas normais ou violentas, perigosas? Como tratalas?
Os incurábeis, que historicamente coincide coas secuelas do 11-S, crea un singular espazo literario no barrio coruñés dos Castros, concibido como o microcosmos simbólico dunha sociedade enfermiza pola que pululan personaxes como Rubén, que acoitela gatos, ou a singular psiquiatra Helena Salcedo.


ISBN:

978-84-9121-336-9

Un home estraño

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
“Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro
& #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.


ISBN:

9788499148007

A antesala luminosa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal